Boas tardes! 😀👋
Como xa sabedes o pasado venres celebramos un ano máis o magosto e o Samaín no noso cole. 🎃👻🕷️🧙♀️💀 Aquí tedes un vídeo que resume a nosa semana terrorífica...
Boas tardes! 😀👋
Como xa sabedes o pasado venres celebramos un ano máis o magosto e o Samaín no noso cole. 🎃👻🕷️🧙♀️💀 Aquí tedes un vídeo que resume a nosa semana terrorífica...
As macacas e os macacos de 3º e 4º xa teñen argallado cousas dende o inicio do curso; aquí vai unha mostra do que resulta cando se xuntan creatividade, motivación, e sobre todo, ganas de divertirse co que aprendemos.
Ola de novo!!
Puxemos fin a esta semana coa visita da foodtruck de "Galicia sabe amar". Trátase dunha campaña da Xunta de Galicia coa finalidade de animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e marisqueo. 🎣🛶🦑🦀
No noso cole degustamos dous petiscos moi saborosos. Estaban boísimos!! 😋😋
Aquí tedes algunhas imaxes:
Bos días!
Este luns comezamos a semana cunha saída a Santiago para ver un espectáculo de títeres titulado "Picassos animados". Na representación puidemos coñecer un pouco máis da vida de Picasso e tamén das súas obras.
"A alegría de vivir", "As meninas", "Os tres músicos", "Dúas mulleres correndo pola praia" foron algunhas das obras nas que se inspiraron na actuación que vimos e tamén na que participamos creando nós tamén retratos cubistas. Aquí vos deixamos algunhas fotos dese día:
Moi bos días!! 👋
Hoxe queremos compartir con vós un pequeno vídeo dunha saída que fixemos o venres pasado as minchiñas e os maiores aquí ao lado do cole. O noso veciño José Antonio invitounos a esfollar o millo e non dubidamos en acompañalo! 🌽🌽🌽
Moitas grazas por acordarte de nós e invitarnos, José Antonio. Encantounos a experiencia! 🤩🤩