Hello! Os alumnos de 4º, 5º e 6º aprenderon como describir persoas na clase de inglés e aquí temos unha proba do seu traballo.
Agardamos que vos guste!
Hello! Os alumnos de 4º, 5º e 6º aprenderon como describir persoas na clase de inglés e aquí temos unha proba do seu traballo.
Agardamos que vos guste!
Aproveitando o día soleado e agardando a chegada da primaveira trasladamos a hora de canto e baile e as lecturas do Salón ao exterior.... que afortunados que somos por ter un espazo así e poder aproveitalo!
Adicamos o día á nosa Rosalía, ás súas verbas, recitando poemas seus e escribindo outros ao modo dela.
Rematamos a xornada elaborando no noso Salón uns fermosos caligramas co seu poema “Airiños, airiños, aires” (Cantares Gallegos, 1863).
Porque ela sempre mostrou algo que realmente importa, a liberdade de pensamento e de corazón.