2022/05/27

OBRADOIROS

Bos días!!

Esta semana contamos con outros dous obradoiros no cole e aquí vos compartimos algunhas imaxes desas dúas tardes.

O luns realizamos o obradoiro de "Recuperación do teatro de títeres: historias e confección" coa colaboración de Anxo García:




O mércores tivemos de novo o obradoiro "A lectura en familia: diversión e aprendizaxe asegurada" dan man de Susana Barro, pero desta vez dirixido a idades maiores:

Unha vez máis, MOITAS GRACIAS ás familias que colaborastes e participastes con nós nas actividades!

2022/05/20

AS MINCHIÑAS E A CABANA DE VIMBIO

Moi boas!

Aquí estamos outra vez para ensinarvos canto cambiou xa a nosa cabana de vimbio. Acordádesvos dela? Pois coidámola tan ben que xa ten moitas follas e verdeou moitísimo!

As nosas minchiñas pásano xenial nos recreos xogando nela. Aquí vos ensinamos un vídeo para que vexades que content@s están!


2022/05/18

Obradoiro "Alfabetización informacional ante as fake news"

Ola de novo!
Hoxe á tarde levouse a cabo o segundo obradoiro de lectura e familias. Desta volta o tema era "Alfabetización informacional ante as fake news" e foi desenvolvido por Marta Otero. 


Unha vez máis queremos agradecer a participación daquelas familias que vos unistes a esta actividade que resultou tan exitosa. Seguimos animándovos a acudir nas próximas ocasións que quedan!

2022/05/17

Letras Galegas 2022, a nosa pequena homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

Dende o Ceip de Présaras, agardamos que desfrutedes coa seguinte producción en torno á figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle adica o día das nosas letras neste ano 2022.








E para quen teña curiosidade de escoitar a Florencio en directo, facede clik AQUÍ, e  poderedes escoitar  unha gravación  en forma de entrevista no programa radiofónico Poetas de Galicia, de 1968

Arquivo Sonoro de Galicia. Sinatura: ACRN00094_01 / Programa radiofónico: POETAS DE GALICIA / Entrevista a Florencio Delgado Gurriarán / Duración: 20:58 min. / Data: 1968 / Locución: Marina de la Peña, Lita Iglesias, Andrés Rey / Fondo: Radio Nacional de España




2022/05/11

A lectura en familia: diversión e aprendizaxe asegurada

Boas tardes!
Compartimos con vós algunhas imaxes do primeiro obradoiro que tivemos onte de "Lectura e familias" a cargo de Susana Barro. 
Estivo xenial e agradecemos a asistencia daquelas familias que nos acompañastes. 
Agardamos que vos sigades animando e que nos vexamos nos próximos!



A MILLA NOS DÍAS DE PRIMAVERA

Ola de novo!

Aproveitando algún día de sol desta primavera, algunha tarde despois de comer decidimos saír a facer a nosa milla. 🌞🌳🥀

Camiñamos pero nalgúns tramos tamén corremos!! 🏃🏃

Aquí vos deixamos un vídeo con algunhas fotiños para que vexades:


 


2022/05/09

OBRADOIROS LECTURA E FAMILIAS

Ola a tod@s!

Mañá continuamos cos obradoiros de Lectura e Familias e queremos animar aos pais e nais do noso alumnado a acudir! 

Lembrade que o alumnado de 1º e 2º teñen deporte municipal. Tamén vos informamos que para o alumnado de Educación Infantil poñeremos un mestre/a de garda. Deste xeito, todo está pensado para que poidades participar.

Aquí vos deixamos unhas imaxes coa programación e os horarios. Animádevos a vir!


2022/05/05

PROGRAMACIÓN VENRES 13 DE MAIO

MOI BOS DÍAS!

Hoxe compartimos con vós un par de imaxes con información e horarios das actividades que temos programadas para o vindeiro venres 13 de maio para celebrar OS MAIOS e tamén para o 17 de maio para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS


 


2022/05/02

23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO

Bos días!

Como xa sabedes, o 23 de abril celébrase o Día do Libro e no noso cole non podíamos esquecernos desa conmemoración. 

Cada un de nós eliximos o noso conto favorito do salón. Logo, completamos unha planilla debuxando nela a súa portada e contando por qué o recomendamos. Despois diso, preparamos unhas mans e decoramos a nosa propia fotografía para facer a seguinte montaxe tan chula:

   

Así de bonitos quedaron os nosos corredores con tantos/as lectores/as e tantos libros: