O pasado 24 de novembro veu darnos unha charla Olga, unha bióloga que investiga un tipo de cancro no prestixioso Hospital Val d'Hebrón de Barcelona.
Explicounos como traballan os científicos. O mellor é que se adentran en novos coñecementos por onde ninguén se adentrou antes.
Aprendimos que para ser investigador non só hai que estudar moito, senón que debes ser moi curioso, ser moi paciente e ter moita paixón polo que fas.
Despois, ademais, ter algo de sorte.
Nós regalámoslle uns bombóns, para endulzarlle un pouco a dura vida do investigador.
2014/11/27
2014/05/07
Poeta Díaz Castro
Estamos encantados de mostrar esta marabilla de presentación realizada pola nosa exalumna María José Martínez Paz, agora rematando bacharelato no IES de Curtis.
2014/04/25
Antía e Elisa lendo no Salón
Hoxe Antía e Elisa deleitáronnos con "Rabieta Trebejos", e fixérono tan ben que tiveron que facer un bis. Felicidades.
2014/03/21
Hoxe veu un Contacontos
2014/03/12
Entrevistamos a un periodista
Hoxe veu ao Salón Iván Gómez Blanco, periodista, coordinador e redactor do periódico "Cerne" de Melide. Todos os nenos fixémoslles preguntas para aprender cousas do xornalismo. Descubríunos moitos detalles da vida do periodista. Contounos de cando tivo a sorte de entevistar a Woody Allen. Ese día foi el o único que o poido conseguir. Tamén nos contou canto entrevistou a un investigador sobre o cancro. Explicounos como funciona o periódico mensual gratuíto que edita, como é o seu traballo, os seus horarios, o que lle gusta e o que non lle gusta do seu traballo. E ademais foi, de pequeno, alumno -e moi bó- do noso colexio. Sentímonos moi orgullosos de que un antigo alumno edita un periódico.
2014/01/26
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)