2023/10/31

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Boas tardes! 😀👋

Como xa sabedes o pasado venres celebramos un ano máis o magosto e o Samaín no noso cole. 🎃👻🕷️🧙‍♀️💀 Aquí tedes un vídeo que resume a nosa semana terrorífica...

2023/10/24

Rap dos Seres Vivos

 As macacas e os macacos de 3º e 4º xa teñen argallado cousas dende o inicio do curso; aquí vai unha mostra do que resulta cando se xuntan creatividade, motivación, e sobre todo, ganas de divertirse co que aprendemos. 



2023/10/21

GALICIA SABE AMAR

Ola de novo!! 

Puxemos fin a esta semana coa visita da foodtruck de "Galicia sabe amar". Trátase dunha campaña da Xunta de Galicia coa finalidade de animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e marisqueo. 🎣🛶🦑🦀

No noso cole degustamos dous petiscos moi saborosos. Estaban boísimos!! 😋😋

Aquí tedes algunhas imaxes:

2023/10/18

SAÍDA A GALICREQUES

Bos días!

Este luns comezamos a semana cunha saída a Santiago para ver un espectáculo de títeres titulado "Picassos animados". Na representación puidemos coñecer un pouco máis da vida de Picasso e tamén das súas obras.  

 

"A alegría de vivir", "As meninas", "Os tres músicos", "Dúas mulleres correndo pola praia" foron algunhas das obras nas que se inspiraron na actuación que vimos e tamén na que participamos creando nós tamén retratos cubistas. Aquí vos deixamos algunhas fotos dese día:








2023/10/09

ESFOLLANDO O MILLO

Moi bos días!! 👋

Hoxe queremos compartir con vós un pequeno vídeo dunha saída que fixemos o venres pasado as minchiñas e os maiores aquí ao lado do cole. O noso veciño José Antonio invitounos a esfollar o millo e non dubidamos en acompañalo! 🌽🌽🌽

Moitas grazas por acordarte de nós e invitarnos, José Antonio. Encantounos a experiencia! 🤩🤩