2017/01/31

Apadriñando bechiños!

A aula das Minchiñas continúa apadriñando bechiños.O pasado xoves 26 de xaneiro visitou o cole a nai de Anxo para investigar aos tabáns, coa colaboración especial de Iria e a clase de  terceiro  e cuarto de primaria.
Pouco despois,o  luns 30 Candela e a súa nai  sorprenderon  aos peques coa historia da " Xoaniña sen manchas". Grazas  por participar familias!

2017/01/25

Bug bingo!!

Hoxe no salón probamos sorte no xogo con este peculiar bingo de bechiños e cunha dificultade añadida, o idioma. Menos mal que unha imaxe vale máis que mil palabras e a estas alturas da película xa somos expertos en bechos e o idioma non foi un impedimento para identificalas tarxetas.

APADRIÑO UN BECHIÑO

Na aula das minchiñas continuamos co obradoiro de «apadriño  un bechiño», o pasado 19 de xaneiro visitounos a familia de Alex  con moita información sobre as cascudas, e hoxe 23 de xaneiro Ainhoa e a súa  nai  deleitaron as minchiñas con un conto  dos vagalumes.

2017/01/23

VISITA DE PACO NOGUEIRAS!

Kalandraca enviounos un regaliño en forma de contacontas, da man do gran Paco Nogueiras que ven de recibir o premio Martin Códax da Música na categoría de «música infantil» polo seu traballo discográfico "Brinca Vai". Gran músico e mellor contador de historias; que boa tarde pasamos con él!!!

2017/01/22

A FESTA DAS FAMILIAS!

Recordamos o maravilloso día que vivimos na festa das familias, na que tod@s disfrutamos a pesar dos nervios. O espectáculo de luz e son foi inmellorable grazas ao traballo, esforzo e adicación de tod@s durante as semanas previas, a mellor das formas para despedilo ano 2016. O resultado foi moi visual pero non debemos esquecer todo aquilo que está detrás (entre bastidores), a organización, a preparación dos decorados, ensaios, vestuario, etc. O día propio só nós sabemos o que se viviu no "backstage", unha proba máis da profesionalidade e seriedade coa que afrontan os retos os nenos e nenas do C.E.I.P de Présaras.

2017/01/17

"A tea de araña que todo o apaña"

Dende  a clase das " Minchiñas" do Ceip de Présaras estamos a investigar sobre os  bechiños da nosa obra teatro titulada " A tea de araña que todo o apaña" . Así, cada semana temos  programados dous obradoiros xunto  coa cooperación e axuda das nosas familias para descobrer e investigar un pouco máis preto  os  nosos  bechiños. As primeiras  familias en participar foron  a bolboreta coqueta de Ainara xunto coa súa nai, e o fermoso grilo  con moito estilo de Andrés Aller  e a súa  familia.