Todas as mañás saía da miña casa para observar as nubes. O meu soño era bailar con elas algún día. A miña mamá dicía que me esquecese desa idea, que só os paxaros lograban tocalas. Pero eu insistía... A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e o respecto entre persoas de diferentes procedencias. As súas páxinas, nas que se aprecia unha presenza constante do folclore latinoamericano, contan a historia dun pobo que vai crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen os seus fogares e comparten experiencias colectivamente.
2016/11/29
O libro de libros de Ángel.
Imos todos mellorando no noso libro de libros. Esta semana, por votación de todos e todas, o mellor foi o de Ángel Nouche Boado. Moi bo traballo, noraboa Ángel.☺☺☺☺
2016/11/28
SAÍDA A CORUÑA
Hoxe estamos a pasalo día na Coruña disfrutando do espectáculo «Güela, güela» no Teatro Colón e das exposicións na DOMUS.
2016/11/22
Novidades no Salón: Abejas de Piotr Socha.
Asómbrate, déixate levar e goza con este libro, o máis incrible que se fixo nunca sobre as abellas.
O seu autor, Piotr Socha, un dos ilustradores máis prestixiosos de Polonia, coñece ben a estes interesantes insectos, xa que creceu entre eles.
O seu autor, Piotr Socha, un dos ilustradores máis prestixiosos de Polonia, coñece ben a estes interesantes insectos, xa que creceu entre eles.
Alberta va en busca del amor.
Ao ver a ilustración de Ainara ao mellor tedes curiosidade por ler o libro. Está no noso Salón no estante Verde-10.
Onde está o amor, queres sabelo? O amor non necesitas buscalo. El atópate a ti. E cando chega, o ves no corazón.
Ainara e o seu libro de libros.
Ainara é unha nena moi creativa. Gústalle moito ler; disfruta facendo as tarefas relacionadas co Salón. Aquí deixo unha pequena mostra do seu espectacular libro de libros, ide onde ela e pedídelle que volo ensine.
PEQUENOS XIGANTES.
A sala de cine 3D da Domus proxecta a película "Pequenos xigantes", unha aventura en tres dimensións que revela a asombrosa vida dos animais máis pequenos. Grazas á forza inmersiva da tecnoloxía 3D, o público séntese transportado a un mundo no que experimentará a titánica batalla destas criaturas para sobrevivir.
Así que o vindeiro luns iremos ata a Domus na Coruña para poder disfrutar desta experiencia.
2016/11/18
2016/11/16
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)