2018/01/31

Vísteme de versos (infantil + 3º e 4º)


A clase dos nenos e nenas de infantil inauguraron o seu particular Vísteme de versos cunha actuación baseada nun poema de Antonio García Teijeiro titulado Bicos como balas. A interpretación foi acompañada coa música de Cé Orquestra Pantasma, concretamente co tema Que ricos os bicos do disco Fillos do querer. Bailamos, bicámonos, abrazámonos e fixemos o noso chamamento especial á paz e á concordia. Foi xenial!
























Logo da magnífica actuación das nosas minchiñas, os nenos e nenas de terceiro e cuarto puxéronse máis serios e interpretáronnos con moito sentimento unha dura historia de guerra: Madre, anoche en las trincheras. Unha terrible historia real dun soldado descoñecido que durante a Guerra Civil Española (1936-1939) lle envía unha carta a súa nai contándolle un triste episodio nunha batalla. A nai do soldado nunca recibirá a carta e pérdese a pista do autor da misiva. A bela interpretación foi acompañada por unha canción que converteu esta actuación nun momento inesquecible. Noraboa!



























Xornada de portas abertas coa actuación de Kalandraka


O venres pasado tivemos unha xornada moi especial no noso colexio. Cativos e cativas da bisbarra viñéronnos coñecer xunto cos seus pais e nais. Nós, pola nosa banda, fixémoslles unha presentación individualizada de cada un dos espazos e recunchos máxicos da nosa escola. Así pois, todos eles puideron coñecer os xogos que agochamos no pavillón interior, as distintas aulas da escola, o noso laboratorio, a aula de apoio, a cociña e o comedor e, por suposto, o noso salón. E esta só era a primeira das sorpresas que os agardaban...












Despois de deixarnos levar por uns guías de excepción como foron os nenos e nenas da aula das "minchis" e os nenos e nenas da clase de 1º e 2º, os rapaces e rapazas de todo o colexio brindámoslles unha mostra das nosas actuacións no salón aos invitados que esperamos que lles gustaran. Pero é que aínda houbo máis sorpresas...








Logo das actuacións, os nosos invitados puideron saborear as nosas rosquillas. E dicimos nosas porque si, fixémolas os nenos e nenas maiores do Ceip de Présaras coa inestimable colaboración da nosa cociñeira Carmen. E... non é que queiramos presumir pero quedáronnos moi saborosas. Non remataron aínda as sorpresas!

 

Para dar por finalizada unha xornada moi especial, chea de emocións e de moita actividade, Sara e Álex, contacontos de Kalandraka, tiveron a ben acompañarnos coa súa música e as súas máxicas narracións. Estes grandes artistas conseguiron crear momentos verdadeiramente divertidos que foron o fin de festa perfecto. Por todo iso, querémoslles dar as grazas a eles, aos mestres e a Carmen que nos axudaron, ás "minchis" e aos nenos e nenas de 1º e 2º polas esmeradas presentacións, a todos os que actuaron, e principalmente aos invitados, aos que queremos dicirlles tamén que foi un pracer coñecelos e que esperamos velos de novo polo centro moi axiña.




























2018/01/30

Cinema Robótico presenta...

Boaaaas!!!! Somos os nenos e nenas da aula das Minchiñas e estamos moi emocionados porque estades a piques de coñecer o noso obradoiro titulado Cinema Robótico. Neste obradoiro cada un de nós, acompañados da nosas familias, ensinamos un robot do mundo do cine a través de contos, murais, maquetas e escenas propias da película en cuestión. Moitas grazas a todos por colaborar con nós, especialmente ás familias que con tanto esforzo e dedicación nos axudan.

C3PO e R2D2






                                                  WALL-E










                                             PINOCHO 3000



 

         BBB






EVA (Wall-E)