2022/11/27

SEMANA DO 25N

Boas tardes!
O pasado venres foi o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Por iso, hoxe queremos compartir con vós algunha que outra actividade que fixemos no cole en relación co tema.

Tivemos dous obradoiros cos que reflexionamos e aprendemos moito!
Por un lado, os macaquiños de 1º,2º e 3º participamos nas Olimpiadas da Igualdade.
Por outro lado, os maiores de 4º,5º e 6º participamos nun scape room titulado "Abrindo as portas da igualdade".
Aquí vos deixamos algunhas fotos que podedes deslizar para ir vendo:
OBRADOIROS IGUALDADE 25N de CEIP DE PRÉSARAS

Ademais diso, Álex e Greta protagonizaron a lectura do conto "Maruxa", un conto que nos gustou moito e que tamén nos serviu para dialogar e pensar sobre o tema da igualdade de xénero.


2022/11/18

APRENDENDO SOBRE O MILLO

Ola a tod@s!! 

Desta vez queremos ensinarvos un vídeo sobre unha actividade que fixemos hoxe ca que disfrutamos moito. Grazas á visita e colaboración de José Antonio, un dos nosos veciños do cole de Présaras, puidemos aprender moitas cousas sobre o millo!! 🌽🌽🌽

Xa que o tempo atmosférico non nos permitiu facer a saída ao exterior, José Antonio tróuxonos o material ao cole e explicounos moitas cousas como por exemplo: cando se planta o millo e a que distancia, canto tarda en medrar, cando se recolle, cal é o nome das súas partes e para que se empregan, como se esfolla... 

Pero o mellor de todo é que APRENDEMOS FACENDO!! Agora no vídeo poderedes ver canto traballamos esfollando e debullando...



2022/11/13

PASEO DE OUTONO

Boas tardes!

Como xa sabedes, por estas datas do ano adoitamos facer un paseíño de outono aquí polo bosque do trasno ao lado do cole. A semana pasada aló fomos para ver que cousiñas relacionadas con esta estación do ano atopábamos por alí. 🍁🍂🍃🍄🌰🌳

Tivemos que facer varias paradas porque...

Atopamos varios fungos! Servíronnos para falar de setas comestibles e setas velenosas... E tamén para aprender o nome das partes dunha seta: volva, pé, sombreiro...

Vimos peidos de lobo!

Analizamos musgos e liques!

Falamos dos distinos tipos de árbores: caducifolias e perennifolias.

Atopamos falso azafrán, fieitos de diferentes cores, castañas, bugallos... e algunha cousiña máis que fomos metendo na nosa cesta e que nos axudou a entender mellor o entorno que nos rodea.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunha foto de todo isto que vos contamos!