2017/02/25

UN PEQUENO DESCANSO


A FARIÑADA


DENDE A PERSPECTIVA DUNHA MÁZCARA


A MÁZCARA DAS AMÉRICAS

Mariana é a nosa Mázcara recién chegada das Américas, xa é unha gran coñecedora das nosas costumes.

A FARIÑADA

E como broche final unha guerra moi particular. Rematamos o día enfariñados hata as orellas, xa íamos preparados pero aínda así non houbo quen nos salvara. Enchemos o cole de fariña, nin que nevara!!! Tamen nos prepararon larpeiradas para coller forzas, como nos cuidan!!

RONDA FULIÓN

As Mázcaras bailaron e brillaron mentres o fulión enchía as rúas de son e alegría. Celebramos a entrada da primavera por todo o alto cos veciños e as familias e unha vez máis os nen@s de Présaras demostraron as súas competencias e fixéronnos disfrutar do mellor dos Entroidos, un 10 para tod@s!!!

AS CHOCAS DE RUBÉN

Reciclaxe e inventiva.

2017/02/24

AS MINCHIÑAS E O MECO!

As "Minchiñas" e o primeiro  mandato do Meco. Pra comezalo entroido con bo pé, algo na cachola debemos ter.

APADRIÑO UN BECHIÑO

As Minchiñas de Présaras rematamos  os  nosos  obradoiros de "Apadriño  un bechiño" o pasado luns 20 de febreiro. Visitaron a nosa aula as familias de Alessia, Adrián e Noa. Queremos dar as grazas  tod@s @s participantes pola súa creatividade e cooperación.
MOITAS GRAZAS!


2017/02/23

XOVES DE COMADRES

Foi unha xornada ben intensa. Cumprimos todos co cuarto mandato do meco (un zapato en cada pé) e ademáis o grupo2 fixo un precioso lardeiro con forma de «bolboreta» e por si fora pouco os maiores preparáronnos unhas deliciosas rosquillas coa axuda de Javier Cartón e a millor das veciñas, Carmen. Aquí temos unha pequena recollida de este gran día.