2017/10/26
O monstro de cores
Os sentimentos invaden ás Minchiñas no Salón. O amor, o medo, a raiba, a tristeza, a calma e a ledicia, cada emoción coa súa propia cor, apodéranse por momentos do noso monstro. Logo, cunha boa coordinación en grupo, fundamental para acadar o éxito na que foi a seguinte actividade, fixemos chegar os escornabots ata a emoción que nos indicaban os mestres. Non foi sinxelo pero conseguímolo!
2017/10/25
"Oda a una castaña" e o "outono" de Vivaldi
Visita ao MUPEGA
Mentres os máis pequenos asistían á función dos Galicreques, no Teatro Principal, os maiores deixámonos ver polo MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia). Alí puidemos coñecer como era a escola en Galicia moito antes de nós nacer, antes incluso do nacemento dos nosos avós, e a verdade é que cambiou moitísimo! Por un intre sentímonos como alumnos das antigas escolas do país. Foi un visita peculiar, sorprendente por momentos, e moi interesante.
XXII FESTIVAL DE GALICREQUES
A semana pasada, os nenos e nenas da clase dos Minchiñas e dos Macaquiños acudimos á capital galega, Santiago de Compostela, a presenciar e gozar dunha obra de teatro de marionetas, da compañía Trécola. Alí contáronnos a historia de Anya e Xiana. Dúas nenas separadas por catro mil quilómetros, pero unidas polos sentimentos, ilusións, proxectos e a ansia de felicidade. Neste espectáculo, as dúas protagonistas descubríronnos que os mellores agasallos non se reciben; danse. Foi unha experiencia sorprendente e marabillosa ir ao Teatro Principal e camiñar polas rúas de Compostela. Pasámolo xenial!
2017/10/23
Mate ao rei co escornabot
Unha simple actividade de achegamento ao funcionamento dos escornabots.
Pegamos enriba dunha das mesas da clase un espazo de cadros de 10x10 e aproveitamos as pezas de xadrez.
As pezas postas polo taboleiro e o Rei entre elas.
Dous escornabots no taboleiro. Cun deles é doado chegar ata o Rei. Co outro algo máis complexo. Son dous niveis e cada un apúntase ao que quere.
O obxectivo é chegar ata o Rei movéndose polos cadros e sen tocar as outras pezas.
Claro que antes de tocar os botóns hai que deseñar o recorrido nun papel e aproveitando que se sabe algo de operacións combinadas hai que escribilo en forma matemática.
Unha especie de 4↑ + 1→ + 2↑ + 1← + 3↑ + ...
Todo moi ben. (menos un robot que xa quería marchar antes de tempo).
Pegamos enriba dunha das mesas da clase un espazo de cadros de 10x10 e aproveitamos as pezas de xadrez.
As pezas postas polo taboleiro e o Rei entre elas.
Dous escornabots no taboleiro. Cun deles é doado chegar ata o Rei. Co outro algo máis complexo. Son dous niveis e cada un apúntase ao que quere.
O obxectivo é chegar ata o Rei movéndose polos cadros e sen tocar as outras pezas.
Claro que antes de tocar os botóns hai que deseñar o recorrido nun papel e aproveitando que se sabe algo de operacións combinadas hai que escribilo en forma matemática.
Unha especie de 4↑ + 1→ + 2↑ + 1← + 3↑ + ...
Todo moi ben. (menos un robot que xa quería marchar antes de tempo).
2017/10/22
Recomendación de libros de Tom Gates
Os alumnos e alumnas de quinto e sexto estreámonos no mundo "booktuber" con esta recomendación da colección de libros de Tom Gates para rapaces e rapazas da nosa idade. Son moi divertidos.
Clicade no vídeo.
Programando ao noso "robot humano"
Foi unha tarde divertida traballando por equipos nos que cada un representaba un papel: un era o robot e había ademais, procesadores impresoras e buses de datos. O robot tiña que seguir as ordes ata coller un balón. Claro que había moitos balóns e tiña que dar co acertado. Aprendemos que os robots non fan o que queremos: fan o que lles mandamos... que pode ser moi diferente.
Mira aquí o vídeo da sesión.
2017/10/13
Programa ao teu colega
Nesta calorosa tarde de venres demos un paso máis na nosa aprendizaxe sobre o mundo dos robots. Repartimos as tarefas igual que as reparte o robot (proceso de análise-orde-execución) onde cada membro de cada grupo tiña unha función asignada que debeu cumprir para acadar o éxito na actividade que non era outro que o robot alcanzara o obxectivo que o grupo tiña fixado. Para iso, tivemos que comunicarnos na linguaxe dos robots e iso non é de todo sinxelo. ä fin unha tarde interesante, amena e formativa.
2017/10/11
Numeralia
Na tarde deste mércores, 11 de outubro, os minchiñas deleitáronnos coa súa magnífica actuación. Que artistas son! Con Numeralia, que así se titulaba, gozamos ao tempo que repasamos os números. Despois da actuación zarpamos nunha viaxe matemática capitaneados polo mestre Javier. Na mesma puidemos coñecer os números en diferentes alfabetos de sociedades e imperios do pasado e do presente. E é que o noso Salón é unha máquina do tempo capaz de transportarnos a épocas remotas e aos recunchos máis insospeitados. Cantas aventuras nos quedan por diante!
Oda a unha estrela
2017/10/06
Quiero una mamá robot
O noso Salón sempre ten moita vida. É un lugar aberto onde participan nas actividades moitas persoas do noso contorno que queren botar un anaco na nosa compaña. Hoxe visitounos Isabel, a mamá de Yago e Antía, e como agasallo veunos ler un conto titulado "Quiero una mamá robot", e veu acompañada de dous amigos moi especiais . Grazas Isabel!
Aniversario de Álex
Hoxe celebramos outro aniversario cunha torta de Spiderman, que estaba deliciosa, e unha festa rachada para desexarlle moitos parabéns ao noso amigo. Que cumpras moitísimos máis, Álex!
O Salón está que arde
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)