2010/02/11

Hai que ser...

Case dous anos sen tocar o blog.
Resulta que unhas cantas familias non dan autorización para a publicación das fotos dos fillos. E non vou andar borrando esta cara sí, esta cara non.
- Ai... é con todo o que che pasa por aí. E mira que se lles pasa algo aos nenos (si, ouh si, vanlles roubar a ialma se aparecen no internete, como pensaban naquelas tribus africanas sobre as fotografías)
- É que con todo o que se escoita do internete ese. (Si señora, diga que si, que o internet élle coma un lobo que se papa aos nenos crús e sen patacas nin nada)
- É que a saber o que poden facer coas fotos dos nenos. (Sí, vestilos de lagarteranas)

Pois éche o que temos...
País...

Este blog só se debe ver con invitación expresa do autor, feita persoalmente por correo electrónico.
Se vostede non foi invitado, non debería estar aquí, así que, por favor, dealle a X que está no cadradiño de arriba á dereita e saia axiña.

Perdón polas molestias.