2011/12/30

O último en tecnoloxía

O Trasno do Salón
recoméndavos encarecidamente
regalar esta últimísima
 -e utilísima-
tecnoloxía
aos vosos seres queridos.

2011/12/16

O galego é o idioma propio de Galicia

 "Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son.
Máis só os ignorantes
e féridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden non"

Cando a xustiza perde o sentido común deixa de ser xustiza.

E agora, señor Valedor e Señor Conselleiro,

¿Porque non piden  tamén que elimine esta entrada do Blog?

2011/10/28

As nosas galletas de cabaza

A nosa receita de galletas de cabaza
(Extraída do libro de Postres de Eva Arguiñano)

Ingredientes:
4 culleradas de mantequilla (ou margarina)
10 culleradas de azucre
10 culleradas de fariña
3 ovos (ou ¼ de ducia)
½ vaso de pure de cabaza
100 gr de pastas remolladas en licor.

Antes de nada coce unha boa tallada de cabaza nun pouco de auga e cun chisco de sal.
Despois tritúrao.
Prequenta o forno a 180ºC.
Colles a mantequilla e a bates coa batidora de variñas ata que quede a punto de pomada. Segues remexendo e engades o azucre e os ovos. Segues remexendo e vas botando a fariña pouco a pouco. De seguido incorporas o puré de cabaza.
Na placa do forno, cuberta co papel especial para forno, vas botando porcións da mezcla e por riba delas vas poñéndolles as pasas.
Forneas durante uns 10-12 minutos a 180ºC.
Deixas enfriar ben e, ou as serves e dades conta delas ou as gardas nunha latiña para ir tomando durante a semana acompañadas dun cacao quentiño.

Que aproveite

2011/10/27

Samaín e magostos

Hoxe celebramos as festas do Samaín e o magosto. Había antroidos e  monstros por todas partes (empezando pola sala de mestres) e..Ata arañas nos praaaaaaaaatos ! Buaaaaaaaaag!.
        Aprendéronnos no Salón a orixe desta celebración: disque ven dende hai máis de dous mil anos cando se espantaba ás almas do máis aló con caveiras acesas con graxa animal.
En inglés coñecemos a Jack O´Lantern.



 Despóis do xantar fixemos obradoiros con castañas e noces.

2011/09/27

Actividade sobre o Bosque

Na páxina WEB do CEIP de Pedrouzos, do Concello de Brión, atopamos esta interesante presentación sobre o Bosque, que nos vai vir moi ben para o noso tema
"Que din os rumorosos".

Fai clic no enlace.


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/file.php/28/limbosque/bosqueportada.html