2022/02/24

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Moi boas de novo!!
Tendo en conta que estamos en febreiro, os nosos "mércores poéticos" deste mes estivémolos adicando á gran coñecida escritora ROSALÍA DE CASTRO.
A maiores diso, aproveitando que onte 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro, hoxe tamén fixemos unha actividade moi chula para conmemoralo. 

Cada un dos nosos grupos de traballo tivo que calcar a silueta dun dos seus integrantes. A continuación puxémoslle a cara de Rosalía e, finalmente, decorámola empregando diferentes técnicas e estilos (collage, puntos e raias, liñas curvas...). 

Aquí vos deixamos as nosas cinco Rosalías do CEIP de Présaras para que vexades o bonitas que nos quedaron. 😍


 

HORARIO PERCORRIDO FULIÓN

Ola a tod@s!

Queremos informarvos que, por motivos axenos ao centro, o horario do percorrido do fulión sufriu algunha modificación. Na seguinte imaxe podedes ver as horas e lugares definitivos:  



PERÍODO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO




2022/02/18

TRABALLANDO CON VIMBIO

Ola outra vez!

O pasado venres realizamos unha actividade moi entretida no noso cole que consistiu en montar unha cabana de vimbio no noso patio. Contamos coa axuda de Julia de la Cal, unha especialista no tema. 

Despois de varias horas traballando o resultado foi espectacular! A continuación deixámosvos un pequeno vídeo para que vexades como foi o proceso de elaboración. 



2022/02/16

OS INVENTORES DE PRÉSARAS

Ola a tod@s!! 

Seguindo coa temática do proxecto de "Persoas e máquinas", o outro día Martín deleitounos no salón coa lectura do conto "O zoo de Xoquín", no que o protagonista empregaba cousas que atopaba pola casa para inventar algúns animaliños que lle fixesen compañía. 

Collendo a súa idea, nós tamén nos convertemos en inventores/as empregando materiais que tiñamos pola casa... e aquí tedes os resultados dos nosos animaliños e instrumentos: 



2022/02/11

COÑECENDO A LEONARDO DA VINCI

Ola de novo!

Como xa sabedes varias tardes á semana adicámolas a traballar no noso salón sobre a temática do proxecto do curso. Aproveitando que este ano o tema vai de "Persoas e máquinas", ao longo destas últimas semanas estivemos descubrindo moitas cousas sobre unha persoa polifacética moi coñecida: LEONARDO DA VINCI.

Para coñecer máis a fondo a ese artista, botamos man de lecturas e libros:


Tras recoller datos da súa biografía e investigar sobre algúns dos seus inventos, acabamos elaborando o seguinte mural tan chulo que ocupa un dos nosos corredores:




Aaah, e por certo! Nós tamén nos convertemos en artistas e estivemos realizando retratos de Leonardo! 👏 A ver se lles atopades o parecido con el!! 😂