Unha pequena mostra deste obradoiro; a importancia do saber ser, respetar e valorar aos compañeir@s e a un mesmo.
2019/02/26
Mentres uns preparamos o Antroido....
O venres 22 de febreiro, parte dos rapaces da escola ían a Noia á final provincial escolar de Campo a través. O resto, estivemos facendo actividades relacionadas co Antroido: decoración do colexio con máscaras e antifaces, pancartas para o fulión deste venres que vén, taller de instrumentos reciclados…
2019/02/18
Un volcán en 3D no laboratorio
Uxía tivo unha idea. Iria e Cristian puxéronse mans no teclado e rato en Tinkercad. Despois o laminado no "cura" e 5 horas de impresión 3D na Witbox da Biblioteca.
Fomos todos ao Laboratorio onde os maiores tiñan preparada a maqueta co volcán e 3 cámaras apuntando.
Fomos todos ao Laboratorio onde os maiores tiñan preparada a maqueta co volcán e 3 cámaras apuntando.
Bicarbonato, colorante que trouxo Yago e acido acético (vamos, vinagre de toda a vida) e a lava saíndo do volcán.
2019/02/06
Avanzando co Stop Motion
Os nosos maiores teñen un prazo para levar adiante os seus proxectos de Stop Motion. Hai que preparar o guión, os decorados, os encadres. De feito, todos empezaron realizando o seu "Story board".
Xa podemos ir vendo algún traballiño e como hai que realizar traballo "maker" para preparar as escenas.
Seguro que queda moi ben.
Xa podemos ir vendo algún traballiño e como hai que realizar traballo "maker" para preparar as escenas.
Seguro que queda moi ben.
Feliz cumpreanos Xan e Martín
Hoxe celebramos os catro aniños de Xan e os 11 de Martín.
Tivemos unhas riquísimas tartas de chocolate, "takasitos" e froitas do bosque.
Así imos manter a liña... curva.
Felicidades aos dous!
Tivemos unhas riquísimas tartas de chocolate, "takasitos" e froitas do bosque.
Así imos manter a liña... curva.
Felicidades aos dous!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)