2020/10/30

Samaín e Magosto 2020

Celebramos o Samaín e o Magosto na nosa escola; este ano non podemos ter a visita das familias pero... 
como de imaxinación imos sobrados, 
poderedes disfrutar da exposición de cabazas 
que na marquesina do autobús temos organizado! 
Suxerímosvos unha visita nocturna
que todos poderedes facer
por exemplo, de 8 a 11.
    ( que despois non se pode😂)




E outro vídeo


2020/10/26




 O xoves 22 de outubro, durante o recreo  as Minchiñas divirtíronse coas tizas no patio!!

Pasárono xenial debuxando!!


2020/10/20

Día das Escritoras

O 19 de Outubro son homenaxeadas as mulleres escritoras, aquelas que escriben e escribiron por escribir, as que crearon para publicar, as que escriben porque lles gusta , e así o deciden, as mulleres pintoras e deseñadoras de letras; e na nosa escola fixemos unha pequena presentación de lecturas dalgunhas como Ledicia Costas, Marilar Aleixandre, Mar Benegas, Teresa Moure ou María Canosa. Este día os artistas fomos os mestres e o público os nosos pequen@s.




2020/10/16

Paseo de Outono 2020

Aproveitamos este día tan fantástico para dar o tradicional paseo de outono polo Bosque do Trasno. Aquí unha pequena mostra de todo o que vimos e aprendimos.