Ola a tod@s!! Aquí estamos de novo para contarvos que o pasado xoves, 25 de novembro, conmemoramos un día moi importante no noso cole: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Para iso, comezamos realizando unha reflexión grupal no salón acerca do tema da violencia machista e da igualdade de xénero. Logo, o mestre Javi contounos o conto titulado "O país dos mandóns". Gustounos moitísimo!!
Para rematar, elaboramos un mural conxunto para o noso corredor. Nel, estampamos as nosas mans e os nosos beizos con pinturas coloridas para representar actos positivos opostos á violencia machista. Ao mesmo tempo, tamén acompañamos ambas estampacións coas oracións “Eu uso as mans para…” e “Eu uso os beizos para…”.
Aquí vos deixamos unhas fotiños para que vexades que cousas máis bonitas nos saíron: