2021/11/30

25 N

Ola a tod@s!! Aquí estamos de novo para contarvos que o pasado xoves, 25 de novembro, conmemoramos un día moi importante no noso cole: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Para iso, comezamos realizando unha reflexión grupal no salón acerca do tema da violencia machista e da igualdade de xénero. Logo, o mestre Javi contounos o conto titulado "O país dos mandóns". Gustounos moitísimo!!

Para rematar, elaboramos un mural conxunto para o noso corredor. Nel, estampamos as nosas mans e os nosos beizos con pinturas coloridas para representar actos positivos opostos á violencia machista. Ao mesmo tempo, tamén acompañamos ambas estampacións coas oracións “Eu uso as mans para…” e “Eu uso os beizos para…”. 

Aquí vos deixamos unhas fotiños para que vexades que cousas máis bonitas nos saíron:














2021/11/14

ANDAINA DE RECICLAXE

 Boas de novo! 👋👋

A semana pasada realizamos unha saída en colaboración co concello de Vilasantar para recoller lixo e así coidar o medio ambiente. Primeiro fixemos unha ruta para facer a recollida e logo visitamos o punto limpo de Teixeiro. Aquí vos deixamos un vídeo resumo:



2021/11/09

TORTA DE MAZÁNS DA NOSA HORTA

 Ola, ola. Aquí tedes a receita da torta  que fixemos coas mazáns da nosa horta.!!

Está riquísiiiima!!!


Animádesvos  a facela na casa?

https://youtu.be/TWIVXLtTSn0