2018/01/08

THE TOP AND THE BOTTOM e a voltas cos números

Presumimos de que o noso Salón é unha máquina do tempo na que viaxamos a milleiros de lugares de ensoño a través das historias que nos contan os nosos expertos narradores. Pero o que aínda non vos dixemos é que neste lugar máxico do noso colexio viaxamos... en moitos idiomas! Nesta ocasión Uxía deleitounos coa historia que plasmou Paloma Valdivia (Chile) no seu libro "THE TOP AND THE BOTTOM" (na súa versión en inglés). Nesta incrible obra, a autora falanos dos distintos tipos de habitantes que hai no mundo. Un mundo no que os "de arriba" ven moi diferentes aos "de abaixo" e vicerversa, cando realmente as diferencias radican en cousas triviais como poden ser os horarios, o clima, a cor de pel ou a cantidade de pelo duns e doutros. Unha tarde moi interesante na que Uxía nos guiou coas súas grandes dotes narrativas e interpretativas. Moi ben Uxía!

 



 Logo da interesantísima lectura de Uxía, agarrámonos forte da man da mestra Ana para seguir mergullándonos no fabuloso mundo dos números. Nesta ocasión repasamos eses tipos de números que nun principio nos semellan "raros" e que, practicamente sen decatarnos, os empregamos a cotío. Estámonos referindo aos números decimais e aos números fraccionarios. Está claro é que podemos adquirir novos coñecementos a través de contidos que nos son moi familiares. No noso Salón é imposible aburrirse!



























Ningún comentario:

Publicar un comentario