2017/11/27

Tarde de ábacos

Hoxe, no salón do CEIP de Présaras, pasamos a tarde mergullándonos no mundo dos ábacos. O mestre Javier Cartón contounos historias moi interesantes deste aparello de orixe incerto, aínda que se soe relacionar principalmente co pobo chino, e que foi empregado desde tempos inmemoriais por diversas culturas para os cálculos matemáticos. Como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas do noso colexio puidemos facer numerosos exercicios de cálculo ao tempo que gozabamos manipulando os ábacos. Nestas andabamos cando de súpeto... tilín, tilín tilín... a campaíña do trasno! O trasno deixáranos agachado en algures o saco dos regalos! De contado nos puxemos a buscar o saco pola escola e axiña o atopamos. E é que, modestia aparte,  nós valiamos para detectives... Desta volta foron algúns nenos e nenas da clase das minchiñas os encargados de facer de mestres de cerimonias e mostrarnos aquelo co que nos agasallara o trasno. Unhas chapas fermosas cunhas mensaxes para ter moi en conta. En resumo, foi unha tarde de emocións fortes. Pasounos o tempo voando.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario