2017/10/06

Vai de cociña...


 O comedor do colexio é o lugar onde nos amosamos como a gran familia que somos. Nel, non só compartimos alimentos, senón que tamén aprendemos a cociñar (nas fotos vedes o marmelo feito polos maiores), a cooperar e a axudarnos os uns aos outros.
Na nosa cociña ultimamente houbo moitos cambios. Por iso queremos aproveitar para despedir e darlles as grazas a Rosalía e a Paula, que esperemos que non tarden moito en volver por aquí, e recibimos cos brazos abertos a Carmen, a nosa actual cociñeira.
Mención aparte merece a despedida de Teresa, a nosa cociñeira de toda a vida, a nosa amiga que tanto nos coidaba e coida e que tan ben nos aconsellaba. Grazas por todos estes anos de dedicación e xa sabes, Teresa, que esta cociña é a túa e o colexio a túa casa. Aquí podedes ver as fotos do seu aniversario que veu pasar con nós e, como non podía ser doutro xeito, tróuxonos unha torta e uns doces moi saborosos...











































Ningún comentario:

Publicar un comentario