A aula das Minchiñas continúa apadriñando bechiños.O pasado xoves 26 de xaneiro visitou o cole a nai de Anxo para investigar aos tabáns, coa colaboración especial de Iria e a clase de terceiro e cuarto de primaria.
Pouco despois,o luns 30 Candela e a súa nai sorprenderon aos peques coa historia da " Xoaniña sen manchas". Grazas por participar familias!
2017/01/31
Apadriñando bechiños!
2017/01/25
Bug bingo!!
Hoxe no salón probamos sorte no xogo con este peculiar bingo de bechiños e cunha dificultade añadida, o idioma. Menos mal que unha imaxe vale máis que mil palabras e a estas alturas da película xa somos expertos en bechos e o idioma non foi un impedimento para identificalas tarxetas.
APADRIÑO UN BECHIÑO
Na aula das minchiñas continuamos co obradoiro de «apadriño un bechiño», o pasado 19 de xaneiro visitounos a familia de Alex con moita información sobre as cascudas, e hoxe 23 de xaneiro Ainhoa e a súa nai deleitaron as minchiñas con un conto dos vagalumes.
2017/01/23
VISITA DE PACO NOGUEIRAS!
Kalandraca enviounos un regaliño en forma de contacontas, da man do gran Paco Nogueiras que ven de recibir o premio Martin Códax da Música na categoría de «música infantil» polo seu traballo discográfico "Brinca Vai". Gran músico e mellor contador de historias; que boa tarde pasamos con él!!!
2017/01/22
A FESTA DAS FAMILIAS!
Recordamos o maravilloso día que vivimos na festa das familias, na que tod@s disfrutamos a pesar dos nervios. O espectáculo de luz e son foi inmellorable grazas ao traballo, esforzo e adicación de tod@s durante as semanas previas, a mellor das formas para despedilo ano 2016. O resultado foi moi visual pero non debemos esquecer todo aquilo que está detrás (entre bastidores), a organización, a preparación dos decorados, ensaios, vestuario, etc. O día propio só nós sabemos o que se viviu no "backstage", unha proba máis da profesionalidade e seriedade coa que afrontan os retos os nenos e nenas do C.E.I.P de Présaras.