Boas tardes!
Como xa sabedes, por estas datas do ano adoitamos facer un paseíño de outono aquí polo bosque do trasno ao lado do cole. A semana pasada aló fomos para ver que cousiñas relacionadas con esta estación do ano atopábamos por alí. 🍁🍂🍃🍄🌰🌳
Tivemos que facer varias paradas porque...
Atopamos varios fungos! Servíronnos para falar de setas comestibles e setas velenosas... E tamén para aprender o nome das partes dunha seta: volva, pé, sombreiro...
Vimos peidos de lobo!
Analizamos musgos e liques!
Falamos dos distinos tipos de árbores: caducifolias e perennifolias.
Atopamos falso azafrán, fieitos de diferentes cores, castañas, bugallos... e algunha cousiña máis que fomos metendo na nosa cesta e que nos axudou a entender mellor o entorno que nos rodea.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunha foto de todo isto que vos contamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario