2016/12/10

FAMIILIA SÁNCHEZ VILLAMOR

Esta vella maleta de madeira foi restaurada co selo Villamor, sen dúbida unha obra de arte. Pouco despois Yago sorprendeunos o día do seu cumple con esta reciclaxe tan festexante. Bravo!!!

2016/11/29

O libro de libros de Ángel.

Imos todos mellorando no noso libro de libros. Esta semana, por votación de todos e todas, o mellor foi o de Ángel Nouche Boado. Moi bo traballo, noraboa Ángel.☺☺☺☺

Todas as mañás saía da miña casa para observar as nubes. O meu soño era bailar con elas algún día. A miña mamá dicía que me esquecese desa idea, que só os paxaros lograban tocalas. Pero eu insistía... A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e o respecto entre persoas de diferentes procedencias. As súas páxinas, nas que se aprecia unha presenza constante do folclore latinoamericano, contan a historia dun pobo que vai crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen os seus fogares e comparten experiencias colectivamente.

2016/11/28