2020/12/15

Da Barraca á aula. Barrigaverde e o títere tradicional na escola.

 A nosa escola, o Ceip de Présaras, foi seleccionada e  convidada pola Asociación Cultural Morreu o Demo (asociación que naceu en 2013 para recuperar a memoria de Barriga Verde e o títere tradicional galego), a participar nunha iniciativa e serie de actividades didácticas relacionadas co títere tradicional ao longo do presente curso. Ao centro xa vai chegando algún do material bibliográfico e audiovisual que recibiremos ao longo do curso; iniciamos os obradoiros de construción e manipulación de títeres no curso 2019-2020 e continuaremos este ano con actividades relacionadas. 


 

 

 


 


Recreos ConstrucTivos


 

2020/10/30

Samaín e Magosto 2020

Celebramos o Samaín e o Magosto na nosa escola; este ano non podemos ter a visita das familias pero... 
como de imaxinación imos sobrados, 
poderedes disfrutar da exposición de cabazas 
que na marquesina do autobús temos organizado! 
Suxerímosvos unha visita nocturna
que todos poderedes facer
por exemplo, de 8 a 11.
    ( que despois non se pode😂)




E outro vídeo


2020/10/26




 O xoves 22 de outubro, durante o recreo  as Minchiñas divirtíronse coas tizas no patio!!

Pasárono xenial debuxando!!


2020/10/20

Día das Escritoras

O 19 de Outubro son homenaxeadas as mulleres escritoras, aquelas que escriben e escribiron por escribir, as que crearon para publicar, as que escriben porque lles gusta , e así o deciden, as mulleres pintoras e deseñadoras de letras; e na nosa escola fixemos unha pequena presentación de lecturas dalgunhas como Ledicia Costas, Marilar Aleixandre, Mar Benegas, Teresa Moure ou María Canosa. Este día os artistas fomos os mestres e o público os nosos pequen@s.




2020/10/16

Paseo de Outono 2020

Aproveitamos este día tan fantástico para dar o tradicional paseo de outono polo Bosque do Trasno. Aquí unha pequena mostra de todo o que vimos e aprendimos.


 

2020/09/22

Caderno de Bitácora: 21 de Setembro de 2020

 Hai moi poucos días que comezamos o curso, pero na nosa escola xa acumulamos momentos máxicos como o Taller de Expresión Corporal” Sentirnos perto sen tocarnos” coa actriz Cristina Collazo, os nosos Luns de Canto e Baile , Lecturas preparadas no exterior ou a deliciosa degustación do biscoito de aniversario de Andrés. Seguimos coma sempre , procurando e vivenciando a esencia do que realmente importa . 

















2020/09/09

Videopresentación de Inicio de Curso do CEIP de Présaras




Bo día! Aquí vos deixamos unha pequena presentación do que será o noso inicio de curso. Preparados para comezar?

2020/07/08

Alvaro Piratas en el Santa Lucía

Álvaro, desde o seu recanto de contar, inícianos na Histora "Piratas en el Santa Lucía" de Helen Velando.

Yago: O reloxo que non sabía dicir cu cú

Yago desde o seu Recanto de contar preséntanos o seu conto.

lecturas para o tempo de confinamento Geronimo Stilton Regreso al Reino...

Sergio, desde o seu "Recanto de Contar" particular inicianos nunha das lecturas de Geronimo Stilton.

Lecturas para o tempo de confinamento Poema para curar a los peces Luc...

LuciGal, desde o seu "Recanto de Ler" con "Un poema para curar a los peces"

Lecturas para o tempo de confinamento: Cartas a Ratón Pérez. Antía


Antía nos deleita con esta lectura desde o seu Recanto de Contar.





2020/06/05

Videoconto. As troitas entrianguladas

Isto é o que acontece cando mesturamos matemáticas, lingua, artística ,natu e a imaxinación dos nosos nenos dende as súas casas. Os macaquiñ@s de 1º e 2º móstrannos unha orixinal historia creada durante este confinamento.






2020/06/01

Emisión final actividade das Letras Galegas

Nesta semana das Letras Galegas cada día realizamos unha actividade que subimos á nosa aula virtual.

Para presentalas realizamos un vídeo.

Este é a emisión final do xoves 28 de maio.




Sétima actividade das Letras Galegas

Nesta semana das Letras Galegas cada día realizamos unha actividade que subimos á nosa aula virtual.

Para presentalas realizamos un vídeo.

Este é o séptimo vídeo do mércores 27 de maio.



Sexta actividade das Letras Galegas

Nesta semana das Letras Galegas cada día realizamos unha actividade que subimos á nosa aula virtual.

Para presentalas realizamos un vídeo.

Este é o sexto vídeo do martes 26 de maio.



2020/05/26

Quinta actividade das Letras Galegas

Nesta semana das Letras Galegas cada día realizamos unha actividade que subimos á nosa aula virtual.

Para presentalas realizamos un vídeo.

Este é o quinto vídeo do luns 25 de maio. 




2020/05/21

Cuarta actividade das Letras Galegas

Nesta semana das Letras Galegas cada día realizamos unha actividade que subimos á nosa aula virtual.

Para presentala realizamos un vídeo.

Este é o cuarto vídeo do xoves 21 de maio.











2020/05/20

Terceira actividade das Letras Galegas

Nesta semana das Letras Galegas cada día realizamos unha actividade que subimos á nosa aula virtual.

Para presentalas realizamos un vídeo.

Este é o terceiro vídeo do mércores 20 de maio.

2020/05/19

Segunda actividade das Letras Galegas

Nesta semana das Letras Galegas cada día realizamos unha actividade que subimos á nosa aula virtual.

Para presentalas realizamos un vídeo.

Este é o segundo vídeo do martes 19 de maio.


2020/05/18

Primeira actividade das Letras Galegas

Nesta semana das Letras Galegas cada día realizamos unha actividade que subimos á nosa aula virtual.

Para presentalas realizamos un vídeo.

Este é o do luns 18 de maio.


2020/05/15

Vídeo das letras Galegas

Primeiro vídeo realizado polo profesorado sobre Ricardo Carballo Calero co gallo das Letras galegas de 2020

AQUÍ O VÍDEO

E AQUÍ TAMÉN

2020/04/23

Día do Libro 2020 - Os macacos e macacas tamén presentan o seu libro

Pois tamén tiñamos un vídeo dos macacos e macacas de 3º e 4º.
trátase de "Mi Mamá" de Anthony Brown.
Traballos feitos desde casa neste tempo de confinamento.
Agardamos que vos guste!


Día do Libro 2020 - Até as princesas soltan peidos



Outro vídeo realizado nestes tempos de confinamento nas casas.
As Minchiñas e os Macaquiños realizaron desde as súas casas os debuxos e gravacións cos que compoñemos este vídeo.

 Seguro que vos gusta!




Día do Libro do 2020 - Poemas dos maiores

Nestes tempos de confinamento, o alumnado do Colexio, cada un desde a súa casa, preparou a súa lectura e a súa parte gráfica.
Este é o primeiro dos traballos sobre Rosalía de Castro, cos poemas do Libro "Da A a Z con Rosalía" de Ana María Fernández, realizado polos maiores de 5º e 6º.


2020/04/13

Moi boas noticias

Igual algún xa o sabía, pero agora imos facelo público.

Primeiro un par de fotos, por se adiviñades as noticias.



Pois si. 

Ana e Natalia van ser mamás!

Desexámoslles o mellor!!!

2020/03/20

Audio conto de "Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dahl.

Unha vez escoitado invitámosvos a facer un cómic sobre el.

 

2020/02/14

Xornada de portas abertas no CEIP de Présaras


Achégate ao CEIP de Présaras o martes 18 de febreiro, ás 10:30.
Poderás coñecer o noso centro. Para unha boa educación non tes que ir a Finlandia. Está en Présaras.

2020/01/22

Facemos monicreques

Isto tamén é escola. Traballo de carpintaría para facer monicreques.
Un completo día de traballo no taller do colexio.




2020/01/15

Mércores poéticos

Hoxe, como mércores poético que foi, os rapaces e rapazas de 5° e 6° recitáronnos un poema do 'Romancero tradicional' titulado: Romance del Conde Olinos.

Estes maiores sonche ben traballadores! O poema era unha simple lectura para as vacacións de Nadal, para que leran e disfrutaran... pero acabaron por memorizalo!

Aquí tedes un pequeno resumo:



Podedes gozar tamén coa versión cantada de Joaquín Díaz no seguinte enlace:
https://m.youtube.com/watch?v=aFdX0VuFEEI