2016/09/29

OLLANDO PRETO!!

Hoxe sorprendeunos o trasno do salón  cun agasallo de luxo. Yago Sánchez de 1° de Primaria foi o primeiro en descubrir onde agochara o saco o trasno e levámonos unha gran sorpresa. Xa temos os nosos propios OLLADORES portátiles para ver máis de cerca os bechos e as plantas que atopemos.

2016/09/28

ARACNOFOBIA!!!

Hoxe recibimos o día cunha sorpresa da man do noso compañeiro Rubén Mellid de 2° de Primaria. Ao principio sentimos un pouco de fobia a semellante bichería pero tras uns minutos observando as abraiantes cores desta araña decidimos poñernos mans a obra. Dirixímonos ao noso laboratorio e metémola nunha placa petri para observala detidamente e o resultado foi asombroso!!! Temos que añadir que logo de ollar a esta nova amiguiña devolvémola ao seu entorno san e salva.

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR.

Dende o salón da nosa escola queremos compartir un pequeno fragmento deste clásico que nos brindaron Nuria e maila teacher Yolanda, coa dificultade añadida do idioma. O inglés non é un obstáculo para os nen@s do C.E.I.P de Présaras.               
               Vídeo

2016/09/27

A ONDE VOAN AS BOLBORETAS NO INVERNO?

A profe Ana e Uxía tiveron o fermoso detalle de contarnos aos nenos e nenas do C.E.I.P de Présaras este maravilloso conto da gran escritora Gloria Sánchez con ilustracións de Xosé Cobas. Aproveitando esta historia das bolboretas preparamos unhas pócemas segredas para axudar a todos estes radiantes bechos no seu longo camiño en busca de temperaturas máis agradables.

2016/09/26

OLLANDO PRETO!!!!

Neste curso académico 2016-2017 adentrarémonos de cheo no mundo dos bechos, das plantas e das pedras. Faremos un percorrido a través da Ciencia e tentaremos resolver algúns enigmas da vida dende o Salón do cole. Estades todos invitados!! 😉