2022/12/22

NADAL NO CEIP DE PRÉSARAS



Estes últimos días de cole estivemos disfrutando moito do Nadal. 😍😍 A continuación deixámosvos un vídeo de recordo da decoración do noso centro. A verdade é que estaba super bonito e non lle faltaba detalle! 🎄🎅🎁⭐🔔🧝🏘


Hoxe que foi o último día tamén contamos cunha visita moi especial: PAPÁ NOEL!! 🎅 Tróuxonos uns agasallos e nós tamén o deleitamos cunha panxoliña de Nadal para que levase un gran recordo noso!  


Rematamos a xornada de hoxe cun pouco de maxia da man do mago Antón. Pasámolo xenial cos seus trucos!  


E como ben dicía nunha das súas tarxetas: "Que a maxia vos acompañe sempre. Boas festas e feliz 2023!". 🌟

2022/12/18

XORNADAS DE CAMPO A TRAVÉS

Boas tardes! 👋
Desta vez deixámosvos por aquí un vídeo con algunhas imaxes de cando fomos este mes a Monfero para  participar nas xornadas de "Campo a través". 🏃🏃🏅🏅

Pasámolo moi ben!! 

2022/11/27

SEMANA DO 25N

Boas tardes!
O pasado venres foi o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Por iso, hoxe queremos compartir con vós algunha que outra actividade que fixemos no cole en relación co tema.

Tivemos dous obradoiros cos que reflexionamos e aprendemos moito!
Por un lado, os macaquiños de 1º,2º e 3º participamos nas Olimpiadas da Igualdade.
Por outro lado, os maiores de 4º,5º e 6º participamos nun scape room titulado "Abrindo as portas da igualdade".
Aquí vos deixamos algunhas fotos que podedes deslizar para ir vendo:
OBRADOIROS IGUALDADE 25N de CEIP DE PRÉSARAS

Ademais diso, Álex e Greta protagonizaron a lectura do conto "Maruxa", un conto que nos gustou moito e que tamén nos serviu para dialogar e pensar sobre o tema da igualdade de xénero.


2022/11/18

APRENDENDO SOBRE O MILLO

Ola a tod@s!! 

Desta vez queremos ensinarvos un vídeo sobre unha actividade que fixemos hoxe ca que disfrutamos moito. Grazas á visita e colaboración de José Antonio, un dos nosos veciños do cole de Présaras, puidemos aprender moitas cousas sobre o millo!! 🌽🌽🌽

Xa que o tempo atmosférico non nos permitiu facer a saída ao exterior, José Antonio tróuxonos o material ao cole e explicounos moitas cousas como por exemplo: cando se planta o millo e a que distancia, canto tarda en medrar, cando se recolle, cal é o nome das súas partes e para que se empregan, como se esfolla... 

Pero o mellor de todo é que APRENDEMOS FACENDO!! Agora no vídeo poderedes ver canto traballamos esfollando e debullando...



2022/11/13

PASEO DE OUTONO

Boas tardes!

Como xa sabedes, por estas datas do ano adoitamos facer un paseíño de outono aquí polo bosque do trasno ao lado do cole. A semana pasada aló fomos para ver que cousiñas relacionadas con esta estación do ano atopábamos por alí. 🍁🍂🍃🍄🌰🌳

Tivemos que facer varias paradas porque...

Atopamos varios fungos! Servíronnos para falar de setas comestibles e setas velenosas... E tamén para aprender o nome das partes dunha seta: volva, pé, sombreiro...

Vimos peidos de lobo!

Analizamos musgos e liques!

Falamos dos distinos tipos de árbores: caducifolias e perennifolias.

Atopamos falso azafrán, fieitos de diferentes cores, castañas, bugallos... e algunha cousiña máis que fomos metendo na nosa cesta e que nos axudou a entender mellor o entorno que nos rodea.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunha foto de todo isto que vos contamos!

2022/10/31

SAMAÍN

Bos e terroríficos días!! (Xa que andamos en datas de Samaín...🎃👻💀🌰)

Hoxe deixámosvos por aquí un vídeo de como vivimos o Samaín (ou Halloween) no noso cole de Présaras. Disfrazámonos, preparamos e degustamos un terrorífico menú, sobrevivimos ao paseo do terror ata chegar ao comedor e, o máis importante, PASÁMOLO MOI BEN!


2022/10/26

24 OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS

Moi boas!

Esta semana, concretamente o día 24 de outubro, conmemoramos o Día das Bibliotecas

Sendo para nós tan importante o noso salón, non podía pasar desapercibida esa data. A actividade que realizamos consistiu nunha lectura dalgúns maiores para os máis pequen@s. Despois de elixir o conto, elixiron un dos lugares que máis lles gustaba do cole para ir alí a contalo tranquilamente. 

Na seguinte presentación tedes algunhas imaxes da actividade:

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS de CEIP DE PRÉSARAS

2022/10/19

EXCURSIÓN AO ESPECTÁCULO DE GALICREQUES

Moi boas!
Hoxe tivemos a nosa primeira saída deste curso e fomos de excursión a Santiago para ver o espectáculo de Galicreques titulado "Cincenta". 👠🧚👑
Gustounos moito a historia e pasámolo xenial!!
Aquí vos deixamos algunha fotiño:




2022/10/17

VISITA DO GRUPO "POLO CORREO DO VENTO"

 Bos días a tod@s!

Hoxe estamos por aquí para deixarvos un pequeno vídeo dunha actividade que tivemos a semana pasada no noso cole. 

O grupo chamado "Polo correo do vento" visitou o noso salón para contarnos un conto que tiña como protagonista ao Pingüín Panchito de Vilasantar. Ao longo da historia fóronnos cantando varias cancións que estaban super chulas. Finalmente, para rematar a actividade déronnos algunhas instruccións para que cada un de nós debuxásemos ao noso pingüín. 

2022/09/29

ARRINCAMOS O CURSO 2022-2023

Bos días a tod@s!!

Aquí estamos dándolle a benvida a un curso máis. 😀

Despois de cargar as pilas durante todo o verán, comezamos o mes de setembro con moita forza e ganas de traballar. Unha das cousas que fixemos nestas primeiras semanas de cole foi recoller as peras da nosa pereira. 🍐🍐🍐🍐 Había moitísimas e estaban riquísimas!! 😋😋

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que vexades...



2022/07/04

BO VERÁN!

Ola a tod@s!
Hoxe pasamos por aquí para deixarvos un vídeo de recordo da excursión que fixemos a Gandarío, incluíndo unha parada en Urban Planet e outra en Sada. A espera ao longo do curso sempre merece a pena porque non o pasamos ben, pasámolo XENIAL! Aquí tedes a proba:


Despois destes fantásticos recordos, aproveitamos para desexarvos a tod@s un BO VERÁN e FELICES VACACIÓNS! 🌞🌊 VÉMONOS EN SETEMBRO! 👋👋

2022/06/30

FESTA DE FIN DE CURSO

Bos días!!

Esta semana tivemos a festa de fin de curso na que contamos co concerto de Migallas antes de comezar con algunha que outra despedida...

Aquí vos deixamos un vídeo de recordo dese día tan emotivo e á súa vez tan bonito. 


2022/06/29

O BANCO DOS VERSOS EN MEMORIA A BATANEIRO

Ola, ola!!  Acabamos de inaugurar o Banco dos Versos. Un lugar creado en memoria ao que foi mestre desta escola, Manuel García Novo, coñecido por todos como Bataneiro. Este mestre adicou moitas horas lectivas e non lectivas ao CEIP de Présaras e creamos este recuncho no Campo do Vento na súa memoria. Desde alí podedes desfrutar da paisaxe, ler os poemas creados polos alumnos/as do cole, xogar ao tres en raia ou contar un conto cos veciñ@s. Deixámosvos unhas fotos para que vos animedes a visitar este lugar.









2022/06/21

RECOMENDACIOŃS LECTORAS PARA O VERÁN

Ola a tod@s!

Como estamos a piques de rematar o curso 2021-2022, queremos compartir con vós algunhas recomendacións lectoras para estas vacacións de verán. Agardamos que sexan de interese!

2022/06/20

Programa da última Festa das Familias do curso


Un pequeno adianto do que será a nosa Festa das Familias Virtual de fin de curso.

 

CONTOS E FAMILIAS

 Bos días a tod@s!

Como xa sabedes, fai unhas semanas comezamos a pintar o patio do noso cole con personaxes de contos que temos polo noso salón: A eiruga larpeira, Elmer, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza... e moitos máis!

Por se alguén aínda non coñecía esas historias, algunhas familias viñeron ao cole a contárnolas xunto cos seus fill@s. A continuación deixámosvos unhas fotiños de recordo. 

MOITAS GRAZAS POR VIR! Encantounos a vosa visita!

 

 

 


2022/06/06

MAIOS E LETRAS GALEGAS 2022

Moi bos días! 😊

Hoxe queremos compartir con vós un vídeo de recordo do pasado venres 13 de maio cando celebramos os Maios e as Letras Galegas (este ano adicadas a Florencio Delgado Gurriarán) no prado de Lucas.Pasámolo xenial!👏👏


 

2022/05/27

OBRADOIROS

Bos días!!

Esta semana contamos con outros dous obradoiros no cole e aquí vos compartimos algunhas imaxes desas dúas tardes.

O luns realizamos o obradoiro de "Recuperación do teatro de títeres: historias e confección" coa colaboración de Anxo García:




O mércores tivemos de novo o obradoiro "A lectura en familia: diversión e aprendizaxe asegurada" dan man de Susana Barro, pero desta vez dirixido a idades maiores:

Unha vez máis, MOITAS GRACIAS ás familias que colaborastes e participastes con nós nas actividades!

2022/05/20

AS MINCHIÑAS E A CABANA DE VIMBIO

Moi boas!

Aquí estamos outra vez para ensinarvos canto cambiou xa a nosa cabana de vimbio. Acordádesvos dela? Pois coidámola tan ben que xa ten moitas follas e verdeou moitísimo!

As nosas minchiñas pásano xenial nos recreos xogando nela. Aquí vos ensinamos un vídeo para que vexades que content@s están!


2022/05/18

Obradoiro "Alfabetización informacional ante as fake news"

Ola de novo!
Hoxe á tarde levouse a cabo o segundo obradoiro de lectura e familias. Desta volta o tema era "Alfabetización informacional ante as fake news" e foi desenvolvido por Marta Otero. 


Unha vez máis queremos agradecer a participación daquelas familias que vos unistes a esta actividade que resultou tan exitosa. Seguimos animándovos a acudir nas próximas ocasións que quedan!

2022/05/17

Letras Galegas 2022, a nosa pequena homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

Dende o Ceip de Présaras, agardamos que desfrutedes coa seguinte producción en torno á figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle adica o día das nosas letras neste ano 2022.








E para quen teña curiosidade de escoitar a Florencio en directo, facede clik AQUÍ, e  poderedes escoitar  unha gravación  en forma de entrevista no programa radiofónico Poetas de Galicia, de 1968

Arquivo Sonoro de Galicia. Sinatura: ACRN00094_01 / Programa radiofónico: POETAS DE GALICIA / Entrevista a Florencio Delgado Gurriarán / Duración: 20:58 min. / Data: 1968 / Locución: Marina de la Peña, Lita Iglesias, Andrés Rey / Fondo: Radio Nacional de España




2022/05/11

A lectura en familia: diversión e aprendizaxe asegurada

Boas tardes!
Compartimos con vós algunhas imaxes do primeiro obradoiro que tivemos onte de "Lectura e familias" a cargo de Susana Barro. 
Estivo xenial e agradecemos a asistencia daquelas familias que nos acompañastes. 
Agardamos que vos sigades animando e que nos vexamos nos próximos!



A MILLA NOS DÍAS DE PRIMAVERA

Ola de novo!

Aproveitando algún día de sol desta primavera, algunha tarde despois de comer decidimos saír a facer a nosa milla. 🌞🌳🥀

Camiñamos pero nalgúns tramos tamén corremos!! 🏃🏃

Aquí vos deixamos un vídeo con algunhas fotiños para que vexades:


 


2022/05/09

OBRADOIROS LECTURA E FAMILIAS

Ola a tod@s!

Mañá continuamos cos obradoiros de Lectura e Familias e queremos animar aos pais e nais do noso alumnado a acudir! 

Lembrade que o alumnado de 1º e 2º teñen deporte municipal. Tamén vos informamos que para o alumnado de Educación Infantil poñeremos un mestre/a de garda. Deste xeito, todo está pensado para que poidades participar.

Aquí vos deixamos unhas imaxes coa programación e os horarios. Animádevos a vir!


2022/05/05

PROGRAMACIÓN VENRES 13 DE MAIO

MOI BOS DÍAS!

Hoxe compartimos con vós un par de imaxes con información e horarios das actividades que temos programadas para o vindeiro venres 13 de maio para celebrar OS MAIOS e tamén para o 17 de maio para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS


 


2022/05/02

23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO

Bos días!

Como xa sabedes, o 23 de abril celébrase o Día do Libro e no noso cole non podíamos esquecernos desa conmemoración. 

Cada un de nós eliximos o noso conto favorito do salón. Logo, completamos unha planilla debuxando nela a súa portada e contando por qué o recomendamos. Despois diso, preparamos unhas mans e decoramos a nosa propia fotografía para facer a seguinte montaxe tan chula:

   

Así de bonitos quedaron os nosos corredores con tantos/as lectores/as e tantos libros:

2022/03/08

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Moi boas de novo!

Desta vez queremos compartir con vós unha visita que tivemos o venres pasado no cole e que nos fixo especial ilusión. Paco Nogueiras volveu a vir polo CEIP de Présaras e estivo no noso salón contándonos varias historias acompañadas de música: O can de Milu, Ratos na escola, Elmer, Selva, e Quen é ese becho?.

 
 
 
A verdade é que con el sempre o pasamos xenial. Aquí tedes a proba:
 
 
Gracias, Paco! Agardamos verte de novo por aquí! 
 

2022/03/03

ENTROIDO

 Bos días!

Despois duns días de descanso queremos compartir con vós un pequeno resumo de como vivimos a semana pasada o Entroido no noso cole.

Comemos filloas, orellas, rosquillas... Tamén nos disfrazamos seguindo os mandatos do meco e  fixemos lecturas relacionadas con eses disfraces. Ah, e por suposto, o venres fomos de Fulión e tivemos a fariñada no cole. Ademais diso, ese día tamén contamos cun obradoiro de vimbio que nos gustou moito!

A continuación deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos eses días aquí por Présaras! 😉


2022/02/24

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Moi boas de novo!!
Tendo en conta que estamos en febreiro, os nosos "mércores poéticos" deste mes estivémolos adicando á gran coñecida escritora ROSALÍA DE CASTRO.
A maiores diso, aproveitando que onte 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro, hoxe tamén fixemos unha actividade moi chula para conmemoralo. 

Cada un dos nosos grupos de traballo tivo que calcar a silueta dun dos seus integrantes. A continuación puxémoslle a cara de Rosalía e, finalmente, decorámola empregando diferentes técnicas e estilos (collage, puntos e raias, liñas curvas...). 

Aquí vos deixamos as nosas cinco Rosalías do CEIP de Présaras para que vexades o bonitas que nos quedaron. 😍