2023/12/21

TRABALLANDO A IGUALDADE

Bos días!!👋

Hoxe queremos compartir con vós algunhas imaxes de actividades que fixemos o mes pasado nos días próximos ao 25N para traballar a temática da violencia de xénero e da igualdade.

Traballamos co conto "Princesa Kevin" no noso salón.

 

Tamén contamos coa visita da compañía Pobo Aventura que nos preparou varios xogos que nos axudaron a reflexionar sobre o tema. No seguinte vídeo podedes ver varias fotos dese día:



VISITA DO TRASNO

HO, HO, HO! Podía ser pero non, aínda non chegou  Papá Noel nin o Apalpador, pero si que tivemos outra visita inesperada que nos fixo moita ilusión. Tratouse do noso amigo o trasno!!
😃

Desta volta quixo anticiparse cos agasallos de Nadal e xa nos deixou agochado polo cole un saquiño con algunha que outra sorpresa para disfrutar no noso salón. 🎁🎁🎁🎁





2023/10/31

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Boas tardes! 😀👋

Como xa sabedes o pasado venres celebramos un ano máis o magosto e o Samaín no noso cole. 🎃👻🕷️🧙‍♀️💀 Aquí tedes un vídeo que resume a nosa semana terrorífica...

2023/10/24

Rap dos Seres Vivos

 As macacas e os macacos de 3º e 4º xa teñen argallado cousas dende o inicio do curso; aquí vai unha mostra do que resulta cando se xuntan creatividade, motivación, e sobre todo, ganas de divertirse co que aprendemos. 



2023/10/21

GALICIA SABE AMAR

Ola de novo!! 

Puxemos fin a esta semana coa visita da foodtruck de "Galicia sabe amar". Trátase dunha campaña da Xunta de Galicia coa finalidade de animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e marisqueo. 🎣🛶🦑🦀

No noso cole degustamos dous petiscos moi saborosos. Estaban boísimos!! 😋😋

Aquí tedes algunhas imaxes:

2023/10/18

SAÍDA A GALICREQUES

Bos días!

Este luns comezamos a semana cunha saída a Santiago para ver un espectáculo de títeres titulado "Picassos animados". Na representación puidemos coñecer un pouco máis da vida de Picasso e tamén das súas obras.  

 

"A alegría de vivir", "As meninas", "Os tres músicos", "Dúas mulleres correndo pola praia" foron algunhas das obras nas que se inspiraron na actuación que vimos e tamén na que participamos creando nós tamén retratos cubistas. Aquí vos deixamos algunhas fotos dese día:








2023/10/09

ESFOLLANDO O MILLO

Moi bos días!! 👋

Hoxe queremos compartir con vós un pequeno vídeo dunha saída que fixemos o venres pasado as minchiñas e os maiores aquí ao lado do cole. O noso veciño José Antonio invitounos a esfollar o millo e non dubidamos en acompañalo! 🌽🌽🌽

Moitas grazas por acordarte de nós e invitarnos, José Antonio. Encantounos a experiencia! 🤩🤩

2023/09/25

VISITA DO TRASNO

Unha vez máis o noso amigo o trasno decidiu pasarse de sorpresa polo cole e aquí nos deixou un agasalliño para axudarnos a levar un curso moi organizado. Vaia axendas máis chulas!!




2023/09/21

DESPEDIDA XUÑO 2023

Ola a tod@s!
Despois de cargar as pilas durante todo o verán, poñemos en marcha o curso 2023-2024. 
Para comezar con boas sensacións e bonitos recordos, compartimos con vós un vídeo do que foi a despedida dos nosos maiores do curso pasado aló por finais de xuño. 


Aproveitamos dende aquí para desexarlles todo o mellor na súa nova etapa no instituto. 
Lore, Andrés, Dani, Noa, Kalen e Omar... moitísima sorte! 🍀🍀🍀 Lembrade gardar ben a chave dos vosos soños que levastes e seguide loitando por chegar a eles. 🗝️🌟

2023/07/22

ENLACES PARA OS MINCHIÑAS

 Ola familias: aquí vos deixamos un arquivo con  códigos qr  que seleccionou a profe Suevia, mestra de Audición e Linguaxe,  con actividades para os Minchiñas.

Bo verán.






2023/07/03

EXCURSIÓN A GANDARÍO 2023

Ola a tod@s!

Comezamos setembro pensando xa na excursión a Gandarío polo moito que nos gusta e o ben que o pasamos sempre. Unha vez máis, saímos do cole dirección Oleiros para parar no Urban Planet. A continuación, dirixímonos a Sada para xantar nun fermoso parque ao lado da praia. Por último, trasladámonos ao noso destino final: GANDARÍO! 🏖

Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades o moito que disfrutamos este ano tamén...😀😀


2023/06/13

MAIOS 2023

Ola a tod@s!!

Desta vez compartimos con vós un vídeo para lembrar un día moi especial do pasado mes de maio, cando celebramos a festa dos maios unha vez máis no prado de Lucas. 🌷🌹

Montamos o maio, fixemos unha actividade con millo do país, gozamos da actuación de César Orquestra Pantasma, bailamos, xogamos, rimos... en resumo, pasámolo super ben! Aquí tedes a proba:


2023/06/08

A NOSA HORTA

Ola, ola!!

Estamos feitos uns grandes agricultores aquí polo cole de Présaras. Fai unhas semanas estivemos preparando a nosa horta e cultivando varios produtos que despois aproveitaremos para comer no noso comedor! 😋😋 

Aquí tedes un vídeo para que poidades ver o moito que traballamos!

2023/06/01

SAÚDOS DENDE GANDARÍO

Querid@s mamás e papás, xa podedes ir a durmir, nós aquí por Gandarío non paramos de rir. 

Todo o día sen parar, saltar e xogar, agora aínda toca cantar e bailar. 

Vémonos mañá! Apertas dende Gandarío! 😘


2023/05/23

OBRADOIRO DE TEAS CON BEA LEMA

Bos días!! 😃

Fai uns días visitou o noso cole Bea Lema para facer con nós un obradoiro con teas. No vídeo que vos deixamos a continuación podedes ver un pouquiño das cousas tan chulas que fixemos...😍 

Estamos feit@s unhas e uns artistas!! 

2023/05/18

EXCURSIÓN A PIORNEDO

Bos días! 😃

Hoxe pasámonos por aquí para deixarvos un vídeo sobre a visita que fixemos o pasado mes de abril aos Ancares, concretamente ao pobo de Piornedo. Encantounos! 😍

2023/04/25

VISITA Á RAÍÑA

Moi boas! 👋

Hoxe queremos deixarvos por aquí un vídeo resumo da saída que fixemos no segundo trimestre á escola ecolóxica de Vilasantar: a Raíña. 

Alí exploramos os distintos espazos da escola, plantamos allos e leitugas, plantamos  berenxenas para traer para o cole, clasificamos sementes...  🧄🥬🍆🌱Sen lugar a dúbidas, aprendemos facendo, que é unha das formas que máis nos gusta, e pasámolo moi moi ben!! 🤗

2023/04/19

FIN DO 2º TRIMESTRE

 Moi bos días!

Hoxe queremos compartir con vós un recordo de como puxemos fin ao 2º trimestre antes das vacacións de Semana Santa. 😃

Tivemos algunha que outra sorpresiña como foi a piñata que veredes no vídeo e tamén contamos cunha sesión de cine na que poidemos degustar algunhas das lambonadas que conseguimos. 🎬 🍭 A verdade é que foi un día xenial!! 

2023/03/16

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Moi bos días!

Un curso máis Paco Nogueiras visita o noso cole para facernos pasar uns grandes momentos coa súa compañía. Contos e música, unha combinación perfecta!!

Aquí vos deixamos unhas imaxes dos contos que nos contou e un pequeno vídeo dalgunhas das cancións que tanto nos gustaron. Pasámolo xenial!

Grazas por vir, Paco! 


 



2023/02/21

ENTROIDO 2023

Moi boas! 👋

A piques de que remate o Entroido deste ano queremos compartir con vós o seguinte vídeo para que vexades o ben que o pasamos de fulión e fariñada o pasado venres.

Xa o dicían as pancartas pero a verdade é que... O NOSO FULIÓN MOLA MOGOLLÓN! 🎭🎉🎺 E que dicir da fariñada... nela a diversión está asegurada! 👏😂 Comprobádeo vós mesm@s...

2023/02/17

MANDATOS DO MECO

Ola de novo!! ✋
Esta semana estivemos celebrando o Entroido no cole e, coma sempre por estas datas, tocou obedecer os mandatos do Meco! Con mandil, con bata, con sombreiro de palla, con botas... así de guap@s acudimos estos días ao centro. Aquí vos deixamos algunhas imaxes que podedes ir pasando para ver do que vos falamos...
Mandatos meco 2023 de CEIP DE PRÉSARAS

2023/02/15

RUTA DO FULIÓN 2023

Estimadas familias, veciños e veciñas:
Aquí vos mostramos a ruta do fulión de Entroido do próximo venres 17/02/23. Esperamos que poidades acompañarnos un ano máis e disfrutar todos xuntos dunha xornada festiva.


 BO ENTROIDO!

2023/02/10

SEMANA DE ENTROIDO

Bos días!

A continuación deixámosvos un par de imaxes coa organización de actividades previstas para a vindeira semana de Entroido. 

Agradecemos un ano  máis a colaboración de todas as familias, veciñ@s e ao Concello de Vilasantar.

Feliz Entroido a tod@s!



2023/01/14

COMEZANDO O 2º TRIMESTRE

Ola, ola!! Aquí estamos por aquí de novo empezando o 2º trimestre do curso con algunha sorpresiña... 😍

Resulta que o noso amigo o trasno pasou polo salón e deixounos uns agasalliños para tod@s! 🎁🎁 A verdade é que nos fixeron moita ilusión e seguro que o imos pasar pipa e aprender moito con todos eses xogos novos que nos trouxo...😀