Ola a tod@s!!
Desta vez queremos ensinarvos un vídeo sobre unha actividade que fixemos hoxe ca que disfrutamos moito. Grazas á visita e colaboración de José Antonio, un dos nosos veciños do cole de Présaras, puidemos aprender moitas cousas sobre o millo!! 🌽🌽🌽
Xa que o tempo atmosférico non nos permitiu facer a saída ao exterior, José Antonio tróuxonos o material ao cole e explicounos moitas cousas como por exemplo: cando se planta o millo e a que distancia, canto tarda en medrar, cando se recolle, cal é o nome das súas partes e para que se empregan, como se esfolla...
Pero o mellor de todo é que APRENDEMOS FACENDO!! Agora no vídeo poderedes ver canto traballamos esfollando e debullando...
Que agricultores máis traballadores ;)
ResponderEliminarQue gusto dá velos aprender así!
ResponderEliminarQue aplicados!!
ResponderEliminar