2022/10/31

SAMAÍN

Bos e terroríficos días!! (Xa que andamos en datas de Samaín...🎃👻💀🌰)

Hoxe deixámosvos por aquí un vídeo de como vivimos o Samaín (ou Halloween) no noso cole de Présaras. Disfrazámonos, preparamos e degustamos un terrorífico menú, sobrevivimos ao paseo do terror ata chegar ao comedor e, o máis importante, PASÁMOLO MOI BEN!


2022/10/26

24 OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS

Moi boas!

Esta semana, concretamente o día 24 de outubro, conmemoramos o Día das Bibliotecas

Sendo para nós tan importante o noso salón, non podía pasar desapercibida esa data. A actividade que realizamos consistiu nunha lectura dalgúns maiores para os máis pequen@s. Despois de elixir o conto, elixiron un dos lugares que máis lles gustaba do cole para ir alí a contalo tranquilamente. 

Na seguinte presentación tedes algunhas imaxes da actividade:

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS de CEIP DE PRÉSARAS

2022/10/19

EXCURSIÓN AO ESPECTÁCULO DE GALICREQUES

Moi boas!
Hoxe tivemos a nosa primeira saída deste curso e fomos de excursión a Santiago para ver o espectáculo de Galicreques titulado "Cincenta". 👠🧚👑
Gustounos moito a historia e pasámolo xenial!!
Aquí vos deixamos algunha fotiño:




2022/10/17

VISITA DO GRUPO "POLO CORREO DO VENTO"

 Bos días a tod@s!

Hoxe estamos por aquí para deixarvos un pequeno vídeo dunha actividade que tivemos a semana pasada no noso cole. 

O grupo chamado "Polo correo do vento" visitou o noso salón para contarnos un conto que tiña como protagonista ao Pingüín Panchito de Vilasantar. Ao longo da historia fóronnos cantando varias cancións que estaban super chulas. Finalmente, para rematar a actividade déronnos algunhas instruccións para que cada un de nós debuxásemos ao noso pingüín.