2021/10/22

BONIFACE OFOGO NO NOSO COLE!

Ola a tod@s! Hoxe tivemos unha visita moi especial no noso cole: o escrior africano Boniface Ofogo veu ao CEIP de Présaras! 
O outro día xa estivemos traballando cun dos seus contos titulado "O león Kandinga", sobre o que lle fixemos un mural de benvida, pero hoxe el mesmo en persoa nos contou de novo esa historia. 
Despois, presentounos e contounos un dos seus contos novos titulado "A paso de tartaruga" e unha versión africana parecida á nosa coñecida historia de Carapuchiña Vermella. 
Ah, tamén nos ensinou algunhas palabras e expresións no seu idioma, e incluso cantamos unha canción con el! 👏
 En definitiva, aprendemos moitas cousas da súa cultura e do seu pobo e pasámolo moi ben.
 ATA OUTRA, BONI! 👋








2021/10/20

CANCIÓN AFRICANA

Ola de novo! Aquí vos deixamos un vídeo cunha canción tradicional africana que está relacionada cunha sorpresa que teremos este venres!

2021/10/12

VISITA DA MAGA LEO LEIÑO

O xoves pasado pasamos a tarde no noso salón coa compañía de Leo Leiño e a súa axudante. Contáronnos historias, fixéronnos maxia e, sobre todo, fixéronnos rir moito e pasalo moi ben! 👏😃

Aquí vos deixamos algunha foto dese día:







2021/10/02

PASEO DE OUTONO 2021

Ola a tod@s! 👋 Por aquí andamos un curso máis e esta semana xa saímos facer un pequeno paseo de outono. A continuación deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos e algunhas das cousas que aprendemos!