2020/04/23

Día do Libro 2020 - Os macacos e macacas tamén presentan o seu libro

Pois tamén tiñamos un vídeo dos macacos e macacas de 3º e 4º.
trátase de "Mi Mamá" de Anthony Brown.
Traballos feitos desde casa neste tempo de confinamento.
Agardamos que vos guste!


Día do Libro 2020 - Até as princesas soltan peidos



Outro vídeo realizado nestes tempos de confinamento nas casas.
As Minchiñas e os Macaquiños realizaron desde as súas casas os debuxos e gravacións cos que compoñemos este vídeo.

 Seguro que vos gusta!




Día do Libro do 2020 - Poemas dos maiores

Nestes tempos de confinamento, o alumnado do Colexio, cada un desde a súa casa, preparou a súa lectura e a súa parte gráfica.
Este é o primeiro dos traballos sobre Rosalía de Castro, cos poemas do Libro "Da A a Z con Rosalía" de Ana María Fernández, realizado polos maiores de 5º e 6º.


2020/04/13

Moi boas noticias

Igual algún xa o sabía, pero agora imos facelo público.

Primeiro un par de fotos, por se adiviñades as noticias.



Pois si. 

Ana e Natalia van ser mamás!

Desexámoslles o mellor!!!