2021/01/21

Aniversarios do 1º Trimestre no cole

Xa que este curso temos unha minchiña que mudou de idade a 31 de decembro, decidimos agardar ata despois do nadal para publicar este pequeno vídeo-resumo de tantas velas que sopramos e doces que comemos e celebramos na nosa escola durante o primeiro trimestre; xa sabedes que ademais de traballadores e moi aplicados, no Ceip de Présaras somos de moooi bo comer. Parabéns a tod@s!!



2021/01/08

EN XANEIRO PON O ALLEIRO

 Hai un refrán que di: "En xaneiro, pon o alleiro", pois...., neste vídeo podedes ver o noso.


 

2021/01/02

Recomendacións de Nadal dende o noso Salón

 

Aquí as recomendacións de libros e xogos para o nadal do noso Salón; podedes facer clic na imaxe ou no link. Bo nadal e feliz ano!




                     https://issuu.com/ceipdepresaras/docs/recomendacions_nadal2020