2017/09/21

Aniversario de Andrés


Hoxe estivo de aniversario o noso compañeiro Andrés. Por suposto, celebramos o seu día cunha gran festa e saboreamos unhas tortas incribles! Que cumplas moitísimos máis, Andrés!


2017/09/15

Aniversario de Sergio

 Hoxe celebramos o aniversario de Sergio, de cuarto curso. Os seus compañeiros preparámoslle unha grande festa sorpresa. Que ben o pasamos!

2017/09/13

Xa tardaba en vir o Trasno!

E por fin hoxe oímos a campaíña do Trasno! A verdade é que xa o botábamos de menos. Foi darnos conta de que estaba o Trasno, e aló foron minchiñas, macaquiños, macacos e maiores en busca do saco! E Anxo máis Andrés Aller atoparon o agasallo que nos deixara: unha axenda para este curso! O agasallo viña acompañado dunha nota e un ex minchiña mostrounos o ben que lía. Fíxoo tan tan ben, que Andrés G. gañouse un aplauso dos compañeiros. 








E que dicía a nota do Trasno? 


Este Trasno é un pillabán!  Puxo a andar a todos os rapaces, quenes tiveron que activar os cinco sentidos para poder atopar o resto de axendas agochadas polo Trasno no Salón.






2017/09/12

Comedor


Cando chamou por nós a fame, estreamos o comedor neste novo curso. Os maiores axudáronlle aos cativos e cativas, sobre todo aos que son novos no noso colexio, preparáronnos os bocadillos e limparon as mesas ao rematar. Son moi bos compañeiros e compañeiras.

Xogos e contos

Ao ser o primeiro día, divertímonos moito xogando cos compañeiros e compañeiras, e ata a mestra Ana nos leu o conto de Paco Papán

Matebótica

Neste curso 17/18 poñemos en marcha un proxecto chamado "Matebótica", que une a Robótica e a Matemática. Nel, traballaremos na construción de robots e trataremos toda esa matemática agochada no día a día, coa que temos contacto a diario e non aparece nos libros de Matemáticas do colexio. A imaxe é unha captura dun vídeo explicativo elaborado polos mestres onde nos explicaban como montar un robot que posteriormente teremos que montar nós mesmos

Comezamos o curso 17/18

Hoxe, 11 de setembro, comezamos o novo curso. Estamos moi emocionados porque este vai ser un ano cheo de diversión no que viviremos moitas aventuras. Como non podía ser doutro xeito, neste primeiro día acompañáronnos os papás e as mamás. Tamén puidemos saudar aos mestres despois das vacacións. Vimos a Ana, a Javier, a Natalia e a Eva, e coñecimos a dous mestres novos que estarán con nós este curso; Carmen e David.