2021/10/22

BONIFACE OFOGO NO NOSO COLE!

Ola a tod@s! Hoxe tivemos unha visita moi especial no noso cole: o escrior africano Boniface Ofogo veu ao CEIP de Présaras! 
O outro día xa estivemos traballando cun dos seus contos titulado "O león Kandinga", sobre o que lle fixemos un mural de benvida, pero hoxe el mesmo en persoa nos contou de novo esa historia. 
Despois, presentounos e contounos un dos seus contos novos titulado "A paso de tartaruga" e unha versión africana parecida á nosa coñecida historia de Carapuchiña Vermella. 
Ah, tamén nos ensinou algunhas palabras e expresións no seu idioma, e incluso cantamos unha canción con el! 👏
 En definitiva, aprendemos moitas cousas da súa cultura e do seu pobo e pasámolo moi ben.
 ATA OUTRA, BONI! 👋








Ningún comentario:

Publicar un comentario