2020/12/15

Da Barraca á aula. Barrigaverde e o títere tradicional na escola.

 A nosa escola, o Ceip de Présaras, foi seleccionada e  convidada pola Asociación Cultural Morreu o Demo (asociación que naceu en 2013 para recuperar a memoria de Barriga Verde e o títere tradicional galego), a participar nunha iniciativa e serie de actividades didácticas relacionadas co títere tradicional ao longo do presente curso. Ao centro xa vai chegando algún do material bibliográfico e audiovisual que recibiremos ao longo do curso; iniciamos os obradoiros de construción e manipulación de títeres no curso 2019-2020 e continuaremos este ano con actividades relacionadas. 


 

 

 


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario