Hoxe pola tarde tivemos unha xornada na que tivo cabida unha desas lecturas no salón que tanto nos gustan. Así, hoxe o protagonismo foi para Christian que nos veu contar "Unha historia fantástica", tradución dun libro de Bruno Heitz. O conto fala das peripecias dun home e da súa camioneta que se van atopando no camiño con animais e desenvolven deste xeito unha historia moi simpática. Christian fíxoo moi ben e conseguiu a máxima atención, como non podía ser doutro xeito. Bravo, Christian!
Ningún comentario:
Publicar un comentario