Hoxe recibimos o día cunha sorpresa da man do noso compañeiro Rubén Mellid de 2° de Primaria. Ao principio sentimos un pouco de fobia a semellante bichería pero tras uns minutos observando as abraiantes cores desta araña decidimos poñernos mans a obra. Dirixímonos ao noso laboratorio e metémola nunha placa petri para observala detidamente e o resultado foi asombroso!!! Temos que añadir que logo de ollar a esta nova amiguiña devolvémola ao seu entorno san e salva.
Canto aprendemos todos e todas gracias ao bechiño que nos trouxo Rubén¡
ResponderEliminar