2008/04/27

Falamos de libros co Presidente


O pasado 23 de Abril, Día do Libro, fomos invitados para falar de libros co Presidente da Xunta, D. Emilio Pérez Touriño e coa Conselleira de Educación, Dna. Laura Sánchez Piñón.





Viaxaron a Santiago, ao Museo Pedagóxico de Galicia os nosos maiores de quinto e sexto, cada un cos seus libros preferidos. Alí se xuntaron con nenos e nenas de outros seis colexios de toda Galicia.








Silvia foi a encargada de falar dos libros que lle gustan, concretamente, "La diadema de Rocío" e "Kika Superbruxa e don Quixote da Mancha".








Betti e Andrea agasallaron ao Presidente e á Conselleira cuns libros coas imaxes do noso Salón que lles agradaron moito.

Como vedes o noso Salón estivo presente. Estamos moi felices de que conten connosco cando se trata de falar das Bibliotecas Escolares e iso nos obriga a seguir traballando a prol da lectura.
E como hai que ser moi agradecidos:
Grazas a Mila, a Cristina e Pilar e a Marisé.
Tamén unha parte do noso Salón é delas, aínda que non se vexa.