Unha vez tivemos un soño...
Había unha vez unha escola con moi poucos nenos nun lugar moi pequeno.
Con moita ilusión entre os mestres e os nenos fixeron da súa escola...
"Unha escola con Salón"
E ese Salón converteuse nun lugar agradable para estar, para escoitar contos, para ler, un lugar para a música e para o cine, un lugar onde tamén ser outros. Un lugar máxico.
Xa estabamos no mundo, pero faltaba algo... estar na rede.
E... Xa estamos.
"Contareivos historias que levo na memoria..."
Neste caderno leredes historias, escribiredes os vosos contiños, pero, sobre todo, estaredes no mundo.
Este é un pequeno paso para a humanidade, pero un gran paso para nós.
No momento de empezar, permitídeme unha lembranza a dous mestres que compartiron tantos bós momentos connosco:
A Juana Vázquez
e a Suso Torres.