2018-01-30

Volve Vísteme de versos (1º e 2º + 5º e 6º)

E, como acontecía nos mércores do primeiro trimestre, deron comezo os novos Vísteme de verso no noso salón. Desta volta tratamos o tema da guerra e a paz. As distintas clases escolleron tanto o autor, como a obra e o poema a interpretar, sempre e cando estiveran relacionados co tema que agora nos ocupa. Mostráronnos xa o traballo feito os e as maiores, que empregaron material de Wilfred Owen, Wislawa Szimborska e Louis Simpson, e os nenos e nenas da clase das macaquiñas e macaquiños que propuxeron o poema Tres letras do orixinal de Gloria Fuertes. O resultado foi incrible. Moi visual, estético, cunha carga emocional e mensaxe. Un éxito total!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario