2019/03/29

Esta é miña!

Estreamos a nova "marca de talonamento" de Iria.
É un traballo feito en Tinkercad por ela mesma para a súa proba de salto de lonxitude nos provinciais de atletismo.
Como cando saíu da impresora 3D estabamos comendo, marcamos con ela a carne de Iria e dixemos "Esta carne é miña!".
Creo que agora cada saltador vai pedir a súa. Así que xa os vexo preparando as súas marcas en Tinkercad, laminándoas no cura e imprimíndoas na nosa flamante Witbox-2.


2019/03/24

Inaguramos a Primavera

Coa primavera chega o tempo das plantacións na nosa horta e desta, ahí van unhas leitugas ben fermosas plantadas polos nosos Macaquiñ@s.


2019/03/12

Entroido no CEIP de Présaras.

Aquí vai o Fulión e a fariñada. Que ben o pasamos!

2019/03/11

"Mestre Mateo" en Présaras

Con isto de que andamos aprendendo de cine, hoxe tivemos o luxo de poder departir con Andrés Goteira e Suso López, Director e Produtor respectivamente da película "Dhogs". Esta película foi premiada nada máis e nada menos que con trece premios Mestre Mateo no ano 2018, ademais de obter moitos máis premios e mencións por toda España e resto do estranxeiro.

Falaron do traballo do cine e nós fixemos preguntas interesantes.

Foi unha charla moi agradable e quedamos encantados. Aprendemos moitos secretos do cine.

E... Canto traballo, canto tempo e canto custa facer unha película!

Nós agasallámolos cos nosos "nenos lectores" e de remate, posamos todos coa "estatuilla" do Mestre Mateo "Á mellor longametraxe".

A ver cantos poden dicir o mesmo!




Grazas Andrés e Suso!

2019/03/06

Campionato Provincial de Centros Educativos "Campo a Través"




O Venres 22 de Febreiro, algúns quedaron na escola preparando a semana de Antroido, outros fomos de carreiras 🏃‍♀️🏃‍♂️