2019/01/28

Mar Benegas fálanos de verbas e poesía

Mar Benegas no Ceip de Présaras



Na nosa escola xa sabedes que recibimos visitas  e visitantes moi especiais. A escritora e poetisa valenciana Mar Benegas acudiu ao noso Salón para mostrarnos o seu mundo de verbas asonantes, consoantes, rimosas e rimantes, de idiomas coñecidos e inventados, pero sobre todo poesía que sae do sentir e do corazón.


@s Macac@s convértense en mestres!

Mércores poéticos e... De poesía foi a cousa pero antes do recital poético, @s macac@s ofrecéronnos unha clase maxistral para explicarnos uns poemas moi moi especiais. 

Se queredes saber de que se trata, mirade o seguinte vídeo...