2024/01/30

TRANSPLANTANDO AMORODOS

Ola de novo!! 😃

Aproveitando que saiu o sol e estamos na época de transplantar os amorodos, a semana pasada iso fixemos no noso cole! 🍓🍓🍓 Aquí tedes un vídeo de proba...


2024/01/25

ALIMENTÁMONOS QUE DÁ GUSTO

Boas de novo! 👋
Se de algo se caracteriza tamén o noso cole é do ben que nos dá de comer a nosa cociñeira Carmen cada día no comedor. 😍😍😍 A verdade é que lle saen todos os pratos boísimos, pero témosvos que dicir que sentimos especial debilidade polas súas croquetas caseiras...😋😋😋
Esta semana puidemos degustalas unha vez máis, acompañadas nada máis e nada menos que dunha variedade de leitugas ecolóxicas da horta do Batán. Cómo non imos medrar tan sans e fortes comendo tan ben??
Para darvos un pouquiño de envexa, aquí vos deixamos unha fotiño para que vexades do que falamos...

2024/01/21

OUTRA VISITA DO TRASNO

Ola de novo!! 🤗

Voltamos tras as vacacións e na primeira semana de cole o famoso trasno xa decidiu pasarse de visita rápida polo cole. Desta volta volveunos deixar agochado outro saco con máis xogos para as nosas clases. Pero como non lle imos querer ben ao noso amigo? 😍😍😍 Moitas grazas, Trasno!! 😃




2024/01/15

RECORDOS DE NADAL

Bos días! 😃

Hoxe compartimos un vídeo de recordo do final do trimestre pasado para que vexades o ben que celebramos o Nadal no noso cole...


Ah, e tamén contamos cunha visita super especial: PAPÁ NOEL!! 🎅 


Recén chegado de Laponia pasou por Présaras a deixarnos moitos agasallos. Moitas grazas, Papá Noel! 😍🎁🎁🎁