Nos meses de novembro e decembro comezamos a preparar un dos días máis especiais para nós dentro do calendario escolar. Aquel no que damos por rematado o primeiro trimestre, que é o máis longo dos tres, e comezamos as vacacións do Nadal. Unha xornada moi especial na que membros das nosas familias veñen pasar a tarde connosco e nós os podemos agasallar cun espectáculo que nos esixe moita preparación, ensaio e estudo, e no que poñemos toda a nosa ilusión e empeño para que sexa do agrado deste noso público tan distinguido. Abaixo deixámosvos algunhas das fotos dos ensaios e dalgunha das actuacións. Tamén grabamos un video do evento que subiremos proximamente. Desexamos que o pasarades polo menos tan ben coma nós e queremos darvos as grazas por vir.
Despois da festa os sorprendidos fomos nós, pois acudiu ao noso colexio, para repartir regalos e os seus mellores desexos, nada máis e nada menos que... Papá Noel!!! Non sabedes a ilusión que nos fixo! Grazas, Papá Noel!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario