2018/01/09

Tarefas de Nadal das Minchiñas e tres lecturas de maiores

E antes dunhas merecidísmas vacacións de Nadal, as nosas Minchiñas mostráronnos as tarefiñas para este tempo de maxia, lecer e tanta festa. Que bonitiños que están!












E como as Minchiñas nos presentaron as súas "tarefiñas" para o Nadal, os maiores non quixeron ser menos e deleitáronnos coa lectura de tres contos relacionados con tres amigos que eles mesmos construíron con materiais de refugallo.  Uxía e Iria léronnos Unha historia robotástica. As dúas Lucías relatáronnos A viaxe espacial de Laica e Adrián e Cristian contáronnos a historia do Robot Tintín. Despois das lecturas incluso houbo tempo para que os nenos e nenas maiores do colexio nos ensinaran o seu baile. Un traballo fenomenal!















Ningún comentario:

Publicar un comentario