2024/04/25


Día do Libro 2024



 Os macacos e as macacas de 3º e 4º andivemos facendo gravacións para transmitirvos as súas recomendacións lectoras polo Día do Libro 2024.

2024/04/12

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE

Bos días! ☺

Aínda que xa fai unhas semaniñas que voltamos das vacacións de Semana Santa queremos compartir con vós uns recordos do último día do seguntro trimestre no cole.

As minchiñas deron inicio á primavera gozando do bo tempo e da natureza...


Ah, e a nosa cociñeira Carmen tamén nos fixo un menú máis especial con unha das receitas que nos gusta moito: paninis! Os paninis estaban moi bos pero a colifror con alladiña que os acompañou tamén estaba exquisita! 😋😋

 

2024/03/15

DÍA DA NATUREZA

Bos días!!

Tendo en conta que o 3 de marzo foi o Día Mundial da Natureza,  ao redor desa data acudiron ao noso cole para realizar unha actividade con nós os maiores do Centro de Día de Curtis. 

Neste encontro interxeracional entre pequenos e maiores, conmemoramos o Día da Natureza plantando xuntos diferentes sementes (leitugas, calabacíns…). 

Moitas grazas por vir! 😃 Estamos desexando que volvades! 😍


 

2024/03/13

ESTREANDO FORNO

Moi boas! 👋

Onte estreamos forno no comedor e non o puidemos facer de mellor maneira: roliños de xamón cocido recheos de berros ecolóxicos do Batán. 😋😋😋 Estaban boísimos!!



2024/03/02

RECORDOS DE ENTROIDO

Moi bos días! 😀 

A continuación compartimos con vós un vídeo de cómo celebramos este ano o Entroido no CEIP de Présaras. 

2024/02/21

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Bos días!

O luns desta semana contamos cunha visita que sempre nos fai especial ilusión cada vez que vén ao noso cole: PACO NOGUEIRAS! 😍😍😍

Contounos varios contos acompañados de moita música como, por exemplo: “A araña ocupada”, “A visita", “Grisela”, “Ratos na escola”, “O elefante que perdeu o seu ollo” e “Son animal”.




Non cabe dúbida de que en Présaras somos moi fans de Paco e aquí tedes a proba... 🤗





2024/02/06

ENTROIDO 2024

 Ola, ola. Aquí vai a información relacionada coa semana de entroido no CEIP de Présaras.

Anímate a participar.

Toca disfrazarse!!



2024/02/02

SABOREANDO OUTRAS CULTURAS

Ola, ola!!

Coma na nosa terriña non se come en ningures, pero a pesar diso no cole apreciamos a diversidade cultural e por iso tamén a introducimos no noso comedor nalgunha que outra ocasión. Por exemplo, un día desta semana tocou viaxar a México e tivemos para xantar unhas deliciosas fajitas...😋😋

2024/01/30

TRANSPLANTANDO AMORODOS

Ola de novo!! 😃

Aproveitando que saiu o sol e estamos na época de transplantar os amorodos, a semana pasada iso fixemos no noso cole! 🍓🍓🍓 Aquí tedes un vídeo de proba...