2017-11-29

Petando nas portas de Dylan IV

E rematamos o "Vísteme de versos" para este trimestre pechando o ciclo adicado a Antonio García Teijeiro e á súa obra "Petando nas portas de Dylan", e temos que dicir que o despedímolo cun poema duro interpretado á perfección polos nenos e nenas do 5º e 6º cursos. A obra fala da escravitude infantil e dos traballos que obrigan a facer a cativos moi pequenos, aínda hoxe, en moitas partes do mundo. Grazas  a iso, comprendemos a importancia da educación como forma de fomentar o pensamento crítico e aqueles valores e saberes que abren portas a novas e mellores oportunidades. O poema baseábase no tema "Buckets of rain" do xenio americano e nas imaxes podedes ver rematado o noso libro ilustrado que fomos creando a medida que os nenos e nenas dos diferentes niveis nos ían interpretando o seu poema. Para xaneiro retomaremos esta actividade con novos autores e novas obras de seguro marabillosas.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario