2017/11/22

Venus e Poot

A semana pasada coñecemos a Venus e a Poot. Un can e unha cadela moi bonitos, bos e intelixentes. Facían todo aquelo que nós lles mandabamos. Metíanse dentro do túnel, peiteábanse, poñíanse guapos, xogaban coa pelota, etc, etc. Ademais de todo isto, dixéronnos que estes cans son animais terapéuticos que cumpren cunha misión moi importante no Cim de Curtis, pois axudan, con resultados moi satisfactorios, naqueles casos de nenos e nenas expostos á violencia de xénero. E é que xa se sabe que o que ten un amigo (peludiño) ten un tesouro







Ningún comentario:

Publicar un comentario