2017/11/22

Soa música no salón

Soa música no salón. Os nenos e nenas do colexio de Présaras fixemos unha actividade musical coa axuda dos nosos escornabots. A actividade consistiu en facer tres grupos onde cada un deles manexaba o escornabot sobre un taboleiro. O robot cumpría as ordes que lle dabamos o que lles proporcionaba a información necesaria aos encargados de transformar as ordes en notas e figuras musicais para ilas poñendo no pentagrama que cada grupo tiña. Cando o pentagrama se rematou, os maiores do colexio tocáronnos as melodías nos instrumentos de placas e puidemos gozar dun pequeno concerto marabilloso. Foi unha actividade divertida na que grazas  aos escornabots descubrimos as melodías agachadas para logo interpretalas. Que viva a música e os nenos e nenas do noso colexio! 



























Ningún comentario:

Publicar un comentario